Skip to Content

Deporte escolar

PARTICIPACIÓN NO DEPORTE ESCOLAR

DEPORTE ESCOLAR

Este ano, como ven sendo normal nos anos anteriores, o alumnado do Centro que o desexe, poderá participar no Deporte Escolar, nas competicións de Campo a través, de Orientación e, se fose posible, de bádminton.

Estas competicións están organizadas pola Xunta de Galicia e constitúen unha das actividades extraescolares que organiza o Departamento de Educación Física.

Como calquera outra actividade extraescolar ou complementaria cumple importantes obxectivos pedagóxicos algún deles que  non é posible desenvolver dende o Centro:

  • Participar en competicións deportivas coñecendo como funcionan e adquirindo independencia e autonomía para resolver pequenos problemas que se poidan plantear.
  • Relacionarse con alumnos/-as doutros centros a través da competición.
  • Ser quen de competir valorando as súas posibilidades, aproveitando as súas cualidades e aceptando o éxito e a derrota como feitos naturais e habituais na competición.
  • Valorar o xogo limpo e o compañeirismo entre rivais.
  • Aprender dos acertos e dos erros e ser quen de adoptar decisións con responsabilidade.
  • etc ...

Todo o anteior nos conduce a considerar o Deporte Escolar como unha actividade importante e que representa uns importantes valores para o materia de Educación Física.

O profesor de Educación Física.

Distribuir contido


by Dr. Radut