Skip to Content

Novas tecnoloxías

MAKERSCHOOL: Proxecto de Innovación Educativa

No contexto dun Proxecto de Innovación Educativa, o alumnado do IES de Meaño veñen de elaborar un Video para participar no Concurso de Innovación Educativa da  Plataforma Proyecta . Agora toca agardar para ver se nos seleccionan, o video foi grabado, editado e elaborado polo alumnado do centro, aquí podedes ver o resultado.

MAKERSCHOOL. "IMPRIMINDO SOÑOS"

O noso proxecto de innovación Educativa MakerSchool, foi recoñecido cun Accesit  nos Premios Proxecta de Innovación Educativa convocados pola Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, da Xunta de Galicia

Visita a nosa Web para ver o que estamos a argallar.

O IES de Meaño ven de gañar o "II Concurso Proyecta-Innovación" organizado pola Plataforma Proyecta, unha iniciativa educativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey fernández Latorre.

 

Finalistas do II Concurso Proyecta Innovación

O noso Proxecto "MAKERSCHOOLS"  Foi seleccionado entre os 10 finalistas do "II Concurso Proyecta Innovación" agora toca ir a Defender o proxecto no  III Encontro InspiraTICs que se celebrará o próximo 28 de Maio no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, na Coruña. A ver se temos sorte!!!!

 

 

A Impresora 3D do IES de Meaño na prensa

Os nosos alumnos de 4º da ESO, do curso 2014/2015, unha vez máis na prensa, mostrando os seus logros coa Impresora 3D.

Concurso de Robotica e Visita o Muncyt

O alumnado de 3º  e 4º A ven de participar, a través do departamento de Tecnoloxía, no VII Obradoiro-Concurso de Robótica organizado pola Fundación Barrié e Igaciencia. Este celebrouse na Coruña e consistiu nunha primeira hora de toma de contacto co Robot e a sua linguaxe de programación, e unha segunda hora de Concurso cunha serie de retos que, por grupos, debían tentar resolver. A experiencia foi moi gratificante e a motivación dos rapaces impresionante. Aproveito para dar públicamente as grazas os nosos alumnos pola sua implicación.

 

 Obradoiro Robótica   obradoiro
concurso

Ademáis nesta viaxe aproveitamos para visitar o MUNCYT(Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), un sitio moi interesante e digno de visitar en máis dunha ocasión. Entre outras cousas puidemos entrar na cabina dun Boeing 747, concretamente o "Lope de Vega" que en, entre outras cousas,foi o encargado de traer dende EEUU a España unha importante obra pictórica, ¿adiviñades cal é?

        teito illante do son 
 Boeing 747  boeing

 

 

 

 

Google APPS for Education

apps

 Xa temos implantado Google Apps for Education” no noso centro, este servizo nos ofrece un conxunto de ferramentas 2.0 para que poidamos traballar cun correo corporativo do IES e para crear un entorno de traballo colaborativo, tentando así mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe dos nosos alumnos.

 Entre estas ferramentas se atopan: Gmail, Google Drive, Google Calendar, Sites, Classroom, etc.etc. Estes servizos son proporcionados por Google e están disponibles en calquera momento dende calquer aparato conectado a Internet.

 Deste xeito todo o profesorado, alumnado e persoal do centro dispón xa dunha conta de “Google Apps for Education”,  pero co dominio “@iesmeanho.com”.

 Para acceder a este servizo precisaredes o usuario e contrasinal que se vos proporcionou dende o centro.

Se queredes aprender algo máis acerca das posibilidades deste servizo podedes ver este video:

 

SUBCAMPIÓNS DO MUNDO na d3mobile Metrology World League

¡¡¡SUBCAMPIÓNS DO MUNDO !!!

Un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES de Meaño, SUBCAMPIÓNS DO MUNDOna liga mundial de modelado 3D de precisión co móbil( d3mobile Metrology World League).

 

 

A través do departamento de Tecnoloxía, os alumnos de 4ºB do IES de Meaño participaron durante este curso na liga mundial de modelado 3D de precisión a partires de fotografías, tomadas co  móbil, foi un traballo intenso e divertido no que aprendemos moitas cousas, e que nos levou a ser os segundos a nivel mundial.

Os integrantes do equipo gañador foron: Oscar Rey, Antonio Suárez, Manuel Touriño e Borja Vázquez, coordinados polo profesor de Tecnoloxía César Ferñández Riádigos.

Os integrantes do equipo agradecen a colaboración prestada tanto pola comunidade educativa como pola organización do campionato.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D, a FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), e o CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo principal desta actividade é a elaboración de modelos tridimensionais a escala, realizados a partires de fotografías tomadas co teléfono móbil e un ordenador con programas específicos gratuítos. Ao tempo que se fomentan vocacións científicas e técnicas entre os xoves e espertan a súa capacidade investigadora.

O modelado 3d de precisión ten moitas aplicacións na vida real: deseño de pezas de aeronaves, na Fórmula 1, no deseño de videoxogos, na fabricación de próteses médicas, na arquitectura, escultura, etc,etc.

Aquí podedes ver máis exemplos

A nivel educativo foi una experiencia enriquecedora tanto para o profesor como para os alumnos, nos permitiu aprender uns dos outros, e ir adquirindo por nos mesmos competencias, que puxemos en práctica tanto na materia de tecnoloxía como noutras areas e por suposto no desenrolo do concurso. Se a isto lle engadimos a posibilidade de acadar premios importantes, a motivación estaba garantida.

Esta actividade a estamos completando dende o departamento de Tecnoloxía con outro grupo de 4º da ESO, mediante a montaxe dunha IMPRESORA 3D de hardware libre, que nos permitirá imprimir en plástico calquera deseño dun obxecto feito por ordenador, que podería ser debuxado, ou creado a partires das técnicas de modelado 3D como as utilizadas neste concurso.

 

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o xoves 29  de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Máis Información: http://www.d3mobile.es

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut