Skip to Content

Reunións

Reunión Familias -Titores

Convócase ós pais/nais dos alumnos e alumnas do I.E.S. de Meaño a unha reunión no Instituto o vindeiro xoves 17  de outubro, ás 20:15 h.

En primeiro lugar o equipo directivo falará de aspectos xerais do novo curso e logo cada titor, cos pais e nais dos alumnos/as do seu grupo, manterá unha xuntanza para tratar aspectos dese grupo.

Trátase dunha primeira toma de contacto co titor do grupo e unha ocasión para que éste presente a súa forma de traballo para levar a bo fin a titoría.

É importante a súa asistencia a dita xuntanza, dado que, soamente coa colaboración das familias, é posible avanzar no proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as.

A Dirección

Reunión Pais-Titores

Convócase ós pais/nais dos alumnos e alumnas do I.E.S. de Meaño a unha reunión no Instituto o vindeiro xoves 18  de outubro, ás 20:00 h.

En primeiro lugar o equipo directivo falará de aspectos xerais do novo curso e logo cada titor, cos pais e nais dos alumnos/as do seu grupo, manterá unha xuntanza para tratar aspectos dese grupo.

Trátase dunha primeira toma de contacto co titor do grupo e unha ocasión para que éste presente a súa forma de traballo para levar a bo fin a titoría.

É importante a súa asistencia a dita xuntanza, dado que, soamente coa colaboración das familias, é posible acadar uns bos resultados na educación dos seus fillos/as.

11 de Outubro de 2018

O Xefe de estudos

E-DIXGAL e ABALAR MÓBIL

Dende o IES de Meaño informamos ás nais/pais/titores legais do alumnado do noso centro sobre o proxecto  E-DIXGAL e  ABALAR MÓBIL, podedes aceder a nota informativa nos seguintes enlaces:

 

PROXECTO E-DIXGAL

PROXECTO ABALAR MÓBIL

 

O vindeiro Mércoores 3 de Outubro as 17h teremos una sesión informativa para as familias do alumnado de 1º ESO sobre o proxecto E-Dixgal

E ese mesmo día Mércores 3 de outubro as 18h  outra sesión informativa para as familias de todo o alumnado do centro, sobre Abalar Móbil. 

 

 

 

 

Guía para Familias Abalar Móbil

Guía para as Familias (Espazo Abalar)

 

Un saúdo 

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut