Skip to Content

Idade Media

Cantigas de Santa María

 
Déixovos unha dirección web que vos levará a unha páxina que fala das cantigas de Santa María: 
 
 
 

Cantiga de Santa María

 
Así sonaría unha cantiga de Santa María; esta en concreto é "Strela do día" e está subtitulada.
 
 
 

Xéneros menores

XÉNEROS MENORES

·        PASTORELA: protagonizadas por unha pastor e un cabaleiro

·        PRANTO: lamento pola morte dalgún personaxe

·        TENZÓNS: debate entre dos trobadores sobre un tema defendendo posicións distintas

Esquema das cantigas de escarnio e maldicir

 

CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR       

  • Burlescas e satíricas para divertir ao público·      
  • Critícanse tanto persoas como hábitos·       
  • Serven de documentos porque amosan a sociedade dese tempo, crenzas, ...·       
  • Usan o xogo de palabras e o equívoco·       
  • Temas
  1.  
    1.  
      1. de tipo sexual: soldadeiras e abadesas.
      2. de feitos históricos: guerra contras os mouros... 
      3. sátiras de vicios, costumes ou defectos físicos. 
      4. crítica a clases sociais e oficios: médicos, relixiosos, infanzóns... 
      5. literaria: contra outros poetas e xograres e crítica da morte por amor.       

 Diferenza entre o escarnio e o maldicir

1.   Escarnio: crítica encuberta, xogando co dobre significado

2.   Maldicir: crítica descuberta e clara 

 

Esquema sobre o amor cortés e as cantigas de amor

 

 

 

CANTIGA DE AMOR 

O amor cortés:     

  • Ambiente cortesán; influídas pola cançó provenzal
  • A literatura amosa as relacións feudais entre señores e vasalos na relación entre a senhor e o trobador.
  • SENHOR: muller aristocrática á que serve o trobador (na Provenza está casada)
  • MESURA: discreción que o trobador debe gardar
  • LARGUEZA: xenerosidade que se mostra facendo agasallos
  • JOI: goce amoroso. Non se dá na nosa literatura

Temática das cantigas de amor galego-portuguesas:   

                      

  • Fala o trobador en 1ª persoa
  • MESURA: discreción do namorado (non debe falar dela)
  • COITA: dor do trobador polo amor non correspondido. Pode ter consecuencias: perda do sono, da fame ou a morte
  • MORTE POR AMOR: a coita pode acabar coa morte do trobador
  • Trátase dun amor platónico, non correspondido
  • DESTINATARIO das cantigas: a senhor, os amigos, Deus ou o Amor personificado
  • SENHOR: muller solteira, nobre, idealizada, intanxible e perfecta física e moralmente, á que o trobador rende vasalaxe
  • Non hai JOI na nosa literatura

Recursos formais da cantiga de amor:

  • Número variable de estrofas de 4 ou 7 versos
  • Poden ser de refrán (autóctonas) ou mestría (que non ten refrán, de orixe provenzal)
  • REFRÁN: verso(s) que se repite(n) ó final de cada estrofa
  • FIINDA: verso(s) que aparece(n) ó final da cantiga, para concluíla.
  • DOBRE: repetición dunha palabra en lugares simétricos da mesma estrofa
  • MORDOBRE: repetición coma a do dobre pero con lexemas, tendo sufixos diferentes

Esquema sobre as cantigas de amigo

 

CANTIGA DE AMIGO 

 TEMÁTICA        

  • Fala unha muller: o trobador ponse no lugar dunha moza namorada, que é quen fala
  • Aparece a palabra amigo (mozo): a moza fala do seu amado (= amigo)
  • Outros personaxes son: nai (madre), amiga(s), irmá(s) ou a natureza personificada
  • Natureza: ambiente propicio para o amor e pode ter valor simbólico

  FORMA           

  • Usa técnicas de repetición para axudar á memorización
  • PARALELISMO: as estrofas relaciónanse de 2 en 2, facendo que a 2ª sexa unha variación da primeira
    • Paralelismo perfecto: repítese todo o verso agás a última palabra que se substitúe por un sinónimo
    • Estrutural: repítese a estrutura sintáctica
    • Semántico: repítese a mesma idea
  • LEIXAPRÉN: repetición do 2º verso da primeira estofa como 1º verso da terceira estrofa.
  • REFRÁN: verso(s) que se repite(n) ao final de cada estrofa

 TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO        

  • BAILADAS: ledicia de vivir e invitación ao baile
  • MARIÑAS OU BARCAROLAS: aparece o mar personificado
  • ALBAS OU ALBORADAS: os amantes sepáranse ao mencer
  • ROMARÍA: sitúase ao lado dunha ermida onde se encontran os namorados

                              

Esquemas sobre cancioneiros e pergamiños

CANCIONEIROS E PERGAMIÑOS

                                              

  • Pergamiño: folio de pergamiño que contiña sete cantigas (posiblemente para que os trobadores entregaban aos xograres para que as cantasen)
  • Cancioneiro: libro que contén coleccións de cantigas.

   

 

CANCIONEIRO DA AJUDA

           

  • 310 cantigas de amor
  • Data de fins do século XIII- comezos do XIV
  • Está gardado no pazo da Ajuda en Portugal
  • Ten o nome dos compositores
  • Non ten notación musical

              

 CANCIONEIRO DA VATICANA 

  • Máis de 1200 cantigas dos tres xéneros
  • Data do século XVI
  • Está gardado biblioteca Vaticana
  • É unha copia do Renacemento dun orixinal perdido

  CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA 

  • Tamén chamado Colocci-Brancuti
  • É o máis voluminoso con máis de 1600 cantigas dos tres xéneros
  • Atópase en Lisboa
  • Vai precedido da "Arte de trobar" (que indica como se deben facer as cantigas)

                                   

                                                                      

PERGAMIÑO VINDEL   

  • Contén 7 cantigas de amigo de Martin Codax
  • Seis delas teñen notación musical

                           

PERGAMIÑO SHARRER           

  • Contén 7 cantigas de amor de don Dinis
  • Todas teñen notación musical

 

Actividades lim sobre a literatura medieval galego-portuguesa

 
Estas son unhas actividades para xogar e poñer a proba os vosos coñecementos sobre a nosa literatura medieval (agás as cantigas de Santa María e a prosa, que xa virán máis adiante). Se clicades enriba da icona que representa un i podedes ver os vosos acertos e fallos. Ánimo.

Por Deus,coitada vivo

 

A seguinte cantiga é de Pero Gonçalves de Portocarreiro. Aparece tanto no Cancioneiro da Bibliotaca Nacional (co nº 918) como na da Vaticana (co nºº 505). O seu título é "Por Deus, coitada vivo".

Distribuir contido


by Dr. Radut