Skip to Content

HAIKUS

HAIKU

Nós, o alumnado de 1º PRID, tentamos facer haikus relacionados coa auga, que é o tema central de Voz Natura este curso.

O haiku é unha forma estrófica de orixe xaponesa formada por tres versos que carece de título e rima. É unha forma de expresión sinxela que trata de transmitir sensacións cun claro predominio do tema da natureza.

Aquí tedes algúns dos haikus realizados polos vosos compañeiros de 1º:

 

A choiva cae

polo outro lado

da miña ventá.

 

 

No atardecer

xunto ó mar

o sol escapa.

 

 

Escoitase o mar

tentando tragar

a area da praia.

 

A pegada ecolóxica

 

ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, como sabedes, denegáronnos a axuda que anualmente se concedía a este centro para poder desenvolver tódalas actividades realizadas ó longo do ano.

Por iso, as actividades da Semana das Letras Galegas reducíronse considerablemente.

O venres 13 de maio o profesor da USC na facultade de Bioloxía, no departamento de Edafoloxía, Xabier Pontevedra Pombal, acudiu ó centro para dar unha charla sobre a pegada ecolóxica.

Este concepto foi creado hai pouco menos de vinte anos polos científicos William Rees e Mathis Wackernagel.

A pegada ecolóxica é un valor que permite indicar o conxunto de impactos que unha comunidade humana (cidade, país, persoa, etc…) exerce sobre a contorna.

Exprésase cun número que representa a superficie teórica (en hectáreas) que sería necesario para empregar tanto para producir os recursos consumidos como para absorber os residuos xerados.

É dicir, que incluiría a superficie utilizada para obter os cultivos, bosques, pastos, pesca, instalacións urbanas, xestións de residuos, etc. para manter a comunidade humana.

A actual pegada ecolóxica media mundial é de 2,7 hectáreas por habitante.

Pero este valor suaviza as grandes diferenzas entre países, pois mentres que un estadounidense pode ser de 11,9  a dun habitante de Bangladesh queda en 0,5.

Pero se estes datos os traspasamos a España a súa pegada ecolóxica é de 6,4 ha. Como sabemos que a superficie dispoñible por habitante é de 2,4 ha., podemos calcular mediante unha resta sinxela que temos un déficit ecolóxico de 4 ha.

 

Os xardíns ao longo da historia

 

Este artigo nace a raíz da saída que o alumnado de da ESO realizou a París, en concreto baséase nunha actividade realizada nos xardíns de Versalles.

 

 

XARDÍNS CREADOS POLO HOME AO LONGO DA HISTORIA

 

 

 

 

XARDÍN ANTIGO

Xardín Exipcio

As primeiras mostras de xardíns antigos aparecen nas pinturas das tumbas exipcias 3000 anos A.C.Nelas pódese observar como existían pequenos xardíns no interior das casas cumprindo catro funcións: dar sombra, alimento, adorno  e botica.   

Xardín Grego

Son moi famosos os xardíns públicos de Atenas onde os mestres gregos impartían as clases de filosofía.

Xardín Romano

As persoas influentes de Roma tiñan uns xardíns no interior das casas chamados  “Hortus”, que como podedes imaxinar abastecíanos de alimentos e flores.

XARDÍN ISLÁMICO: fundaméntase na tradición anterior, pero sempre xirando en torno á importancia da auga e o deleite dos sentidos. 

XARDÍN MEDIEVAL: de dimensións modestas, dentro dos castelos e os mosteiros, pechados por  grandes muros (un reflexo tamén do momento histórico). Basicamente tiñan unha finalidade práctica de autoabastecemento, provocado polo illamento.

XARDÍN RENACENTISTA OU ITALIANO: cambian os tempos e tamén os xardíns coma xa ides vendo. A apertura mental deste período histórico fai que tamén os xardíns se abran progresivamente ao mundo exterior rompendo totalmente co período anterior, pero mantendo a simetría e as formas xeométricas. 

XARDÍN FRANCES: foi introducido polo xardineiro de Luis XIV. Unha das súas máximas expresións son estes xardíns onde estamos hoxe. É un xardín moi aberto permitindo unha visión de conxunto, que pode ser contemplada dende o pazo ou as terrazas, con amplos parterres, sebes perfectamente recortadas, fontes monumentais, onde as estatuas e os estanques xogan un papel importante; e por suposto os xogos de simetrías organizadas ao redor dun punto central  

XARDÍN ROMÁNTICO OU INGLÉS: nace como froito dunha nova corrente: o romanticismo, buscando unha maior inspiración na natureza. 

XARDÍN MODERNO: a introdución de xardíns nas grandes urbes, creando espazos verdes nas cidades, onde poder conxugar as construcións coa natureza. 


 

EXPLORADE VERSALLES!!!

TENTADE ATOPAR diferentes elementos coa vosa cámara de FOTOS

       Elipses

 

      Ángulos

     Parábolas

      Simetrias

     Elementos xeométricos

 

                                                    

 E calquera outro elemento matemático

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sáida ós castros de Ribadumia e A Lanzada

Ola !!!! Hoxe 25 de maio os alumnos de 1º ESO fixemos unha saída didáctica para visitar os castros de Ribadumia e A Lanzada. Alí puidemos observar in situ o labor de consolidación das distintas dependencias escavadas. Os técnicos tamén nos detallaron cuestións como as áreas ocupadas, modo de vida, alimentación, dimensións, relacións comerciais, etc... A visita fixémola pola mañá e aprendimos moitas cousas sobre o modo de vida dos castrexos Visita castros Ribadumia e A LanzadaVisita castros Ribadumia e A Lanzada

O Inmigrante. Traballo de Martín e Esteban

Presentación en vídeo do traballo dos alumnos de 3º ESO, Martín e Esteban, sobre a emigración

“Españolas”. Retrato dunha sociedade. 1931 – 1975

Presentacións da actividade: “Españolas”. Retrato dunha sociedade. 1931 – 1975

 

Vídeos da actividade

Vídeo 1: 1931 A batalla polo dereito ao voto da muller

http://www.youtube.com/watch?v=OpWymqadqDc

Subido por Cliphistoria


 

 

Vídeo 2: Sección Femenina, unha muller, unha sociedade (1931-1975)

http://www.youtube.com/watch?v=uSfZaG1n-v8

 

Subido por ccssdidactica


 

 

 

 

 

A Historia "Literada"

A Historia "Literada"

España 1931-1975

 "A guerra Civil na ollada de Castelao"

Presentación sobre o contexto histórico de España, entre 1931 e 1975, montada a partir da mestura de Hª e Literatura.

Saída didáctica a Pontevedra cos alumnos de 3º ESO

O martes 3 de maio os alumnos de 3º ESO visitaron Pontevedra nunha actividade organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia. Nela, despois dun percorrido polo pazo de Lourizán, visitaron os distintos barrios que conforman a cidade, o casco histórico e o museo de Pontevedra, facendo fincapé no sexto edificio.

Aquí tedes algunhas fotos da visita, pero se queredes todas as que se fixeron, contactade coa profe de Xeografía.

 

Novas saídas didáticas do departamento de Ciencias Sociais

Sáidas didácticas cos alumnos de 1º ESO e 2º ESO.

Para o próximo día 25 de maio temos proxectada unha visita ós castros de Ribadumia e A Lanzada cos alumnos de 1º ESO.

O día 8 de xuño visitaremos Santiago cos alumnos de 2º ESO.

Daremos cumprida información destas actividades unha vez realizadas

Distribuir contido


by Dr. Radut