Skip to Content

CONMEMORACIÓN DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 DE XANEIRO).

Os alumnos/as de 4º de ESO realizaron un programa de radio en directo no pavillón para todo o alumnado sobre a CONVIVENCIA no instituto. Entrevistaron a Mari Daporta (secretaria). Tamén entrevistaron a María Fernández, Estrela Carballo e Ángela Chan (titora e titorandas do proxecto Titorando) e a Paula Dasilva (premio CIR do curso 18/19).

Os delegados/as dos diferentes grupos fixeron as súas reflexións sobre a convivencia no centro.

O xefe de estudos anunciou os cinco alumnos/as que máis aportan a un clima positivo de convivencia no centro (elexidos en votación polos seus compañeiros, o profesorado e os conserxes). Os seleccionados foron: Diego Salgueiro, Antía Fontán, Mariña García, Lucía Vilar e Sabela Gonzalo. Recibiron unha gran ovación dos presentes. Noraboa ós/ás cinco por este merecido recoñecemento.

Aris Salomón Padín, gañadora do Concurso de postais de Nadal de Nabia Naviera

Noraboa a Aris, alumna de 3º de ESO A, que foi a gañadora, na súa categoría, do concurso de postais de Nadal da empresa Nabia Naviera, que ten como premio unha viaxe para ela e os seus compañeiros á Illa de Ons ou ás Illas Cíes.

Distribuir contido


by Dr. Radut