Skip to Content

Fondo Libros e Listaxe Libros de Texto para o curso 2018/19

 FONDO LIBROS

Seguindo a   Orde do 16 de maio de 2017(DOG do 22/05/2017), procedemos a publicar o listaxe de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto:

Listaxe Admitidos

Listaxe Excluídos

De acordo coa normativa, dispoñénse de dous dúas (Venres 13 e Luns 16 de xullo)  para facer alegacións ós datos publicados.

Aclaracións:

  1. Na listaxe poden ver o número de libros que o centro lle vai asignar en Setembro, pero non as materias dos libros que se lle van a asignar, polo que de momento NON deben mercar ningún libro, si é que aparecen na listaxe provisional de Admitidos.
  2. Ata o 14 de Setembro non sairán as listaxes definitivas, co número de libros asignados e as materias dos libros.
  3. O alumnado que aparece como "Condicionado a existencia de matrícula e/ou devolución de libros", é porque todavía non devolveu todos os libros xa que  ten materias para setembro ou porque o centro todavía non realizou o proceso informático de matrícula do alumno.
  4. O alumnado que aparece na listaxe como "Pendente das existencias de setembro", é alumnado o que non lle corresponden Libros do fondo de libros, pero que se  en setembro sobrasen exemplares no centro, a aplicación informática que xestiona o Fondo de Libros, lle podería asignar algún libro a este alumnado. Pero de novo isto non o saberemos ata o 14 de Setembro.
  5. Dado que  alumnado de 1º ESO vai a participar no proxecto de educación dixital da consellería (E-Dixgal) debe ter en conta  que  segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de Maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o alumnado matriculado nos cursos incluídos no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto, o entender a consellería que xa se lle asignan os libros dixitais. De todos xeitos, dende o centro,tentaremos proporcionar os libros que non entran en E-Dixgal, os alumnos que resultaron admitidos na resolución provisional do fondo de libros. Para iso utilizaremos, ata esgotarse, o fondo de libros existente no centro.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2028/19

Aquí podedes consultar o Listado dos Libros de Texto para o curso 2018/19

 

 

A DIRECCIÓN

 

 



page | by Dr. Radut