Skip to Content

Dia da Paz

SEMANA DA PAZ – 2011

Este ano, como é tradicional no IES de Meaño, celebramos a semana da Paz do 31 de xaneiro ó 4 de febreiro con varias actividades.

Durante varias clases os alumnos estiveron traballando durante as clases de Relixión, Historia das Relixións e Atención Educativa con noticias.

Divididos en grupos, estiveron seleccionando unha noticia que despois resumían, logo debían darlle a volta, é dicir, redactala en positivo, tendo como fondo a noticia real, tratar de elaborar unha “boa noticia” desas que non abundan nos xornais.

Todo este traballo expúxose o venres día 4 de febreiro durante as dúas últimas horas no pavillón. Léronse un total de 34 noticias e de cada grupo saían dous representantes. Un alumno lía a real e outro a inventada.

Esta actividade estivo precedida durante toda a semana pola participación dos alumnos que forman parte da radio escolar. Ó longo deses cinco días, aproveitáronse os quince minutos de lectura e durante a terceira hora, os alumnos foron facendo exposicións de varias personaxes célebres.

O departamento de Relixión seleccionou estes:

Luns: GANDHI, figura sobre a que xira todas estas manifestacións e celebracións da xornada da Paz.

Martes: beata TERESA DE CALCUTA

Mércores:  MARTIN LUTHER KING

Xoves: ONG “MÉDICOS SEN FRONTEIRAS”

Venres: Coloquio sobre Que é a paz?

Ese día, 4 de febreiro, foi cando se fixo a exposición das noticias.

Unha vez lidas, un grupo de alumnos de primeiro, terceiro e cuarto interpretaron e cantaron en francés a canción “ Vais sur ton chemin” da película “Os nenos do coro”.

Con isto púxose fin á semana da Paz no IES de Meaño.

 

 

 

 



story | by Dr. Radut