Skip to Content

UN EXPERIMENTO SINXELO PARA NON ESQUECER LAVAR AS MANS

 

UN EXPERIMENTO SINXELO PARA NON ESQUECER LAVAR AS MANS

 

Esta información está baseada nun artigo de xornal publicado en La Voz de Galicia o día 30 de xaneiro de 2011.

“ Os alumnos do Instituto de Meaño non esquecerán a partir deste experimento o importante que é manter unha boa hixiene persoal para evitar o contacto con  perigosas.

O experimento está relacionado coa temática do programa ambiental de Voz Natura, impulsado pola fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que está relacionado coa auga.

A profe Ángela, responsable da realización desta actividade realizou unha serie de actividades nas que figura unha encamiñada a desvelar o importante que resulta lavar as mans.

No centro confeccionaron un panel no que se explican as motivacións deste hábito imprescindible, pero ademais puxeron en marcha un experimento que o deixa moi claro.

En colaboración con Voz Natura, fixéronse cuns recipientes chamados placas Petri, nos que colocaron un medio de cultivo que permite que medren as bacterias.

Con este material, puxéronse mans a obra para levar a cabo esta práctica.

Cada alumno das clases participantes recibiu dúas desas placas. Sobre unha delas imprimiron as xemas dos seus dedos antes de lavalas. Sobre a outra apoiaron as súas mans unha vez pasadas por debaixo da billa.

Os recipientes foron colocados despois cerca dunha fonte de calor e ao cabo de poucos días puideron comprobar os resultados: nas placas nas que puxeron as mans sucias medrarán todo tipo de microorganismos, mentres que as outras lucían limpas.

Outra iniciativa na que participaron os alumnos de 1º curso, consistiu en  medir o caudal de auga da billa e estimar o consumo diario no instituto, o que lles permitiu darse de conta da enorme cantidade de líquido que se gasta cada día.

Agora estamos pendentes de recibir uns reloxos de area que marcan cinco minutos, aos que se lles colocará un soporte e cada alumno levará un para o seu domicilio.

A idea é que os peguen nos azulexos do baño para controlar o tempo que empregan na ducha diaria.

Iso nas súas casas pero tamén no centro se colocaron carteis para non esquecer a importancia do aforro da auga.

O traballo completouse coa busca de información sobre a auga desde distintos puntos de vista.

Cómpre lembrar ademais que o  IES de Meaño tamén participa no Proxecto Ríos, observando anualmente un tramo do río da Chanca ao que nos desprazamos cada ano para confirmar o estado da auga e da flora e fauna, elaborando un informe cos datos que se recollen.

Continúase tamén traballando na reciclaxe e no xardín, que este ano debido ás obras no primeiro trimestre, foi un pouco estragado.

 

Polo que hai que traballar moito para recuperar a horta!!!”

 

 



story | by Dr. Radut