Skip to Content

Esquema sobre o amor cortés e as cantigas de amor

 

 

 

CANTIGA DE AMOR 

O amor cortés:     

  • Ambiente cortesán; influídas pola cançó provenzal
  • A literatura amosa as relacións feudais entre señores e vasalos na relación entre a senhor e o trobador.
  • SENHOR: muller aristocrática á que serve o trobador (na Provenza está casada)
  • MESURA: discreción que o trobador debe gardar
  • LARGUEZA: xenerosidade que se mostra facendo agasallos
  • JOI: goce amoroso. Non se dá na nosa literatura

Temática das cantigas de amor galego-portuguesas:   

                      

  • Fala o trobador en 1ª persoa
  • MESURA: discreción do namorado (non debe falar dela)
  • COITA: dor do trobador polo amor non correspondido. Pode ter consecuencias: perda do sono, da fame ou a morte
  • MORTE POR AMOR: a coita pode acabar coa morte do trobador
  • Trátase dun amor platónico, non correspondido
  • DESTINATARIO das cantigas: a senhor, os amigos, Deus ou o Amor personificado
  • SENHOR: muller solteira, nobre, idealizada, intanxible e perfecta física e moralmente, á que o trobador rende vasalaxe
  • Non hai JOI na nosa literatura

Recursos formais da cantiga de amor:

  • Número variable de estrofas de 4 ou 7 versos
  • Poden ser de refrán (autóctonas) ou mestría (que non ten refrán, de orixe provenzal)
  • REFRÁN: verso(s) que se repite(n) ó final de cada estrofa
  • FIINDA: verso(s) que aparece(n) ó final da cantiga, para concluíla.
  • DOBRE: repetición dunha palabra en lugares simétricos da mesma estrofa
  • MORDOBRE: repetición coma a do dobre pero con lexemas, tendo sufixos diferentes


story | by Dr. Radut