![]() |
IES de MEAÑO
|
![]() |
Esquema sobre as cantigas de amigo
CANTIGA DE AMIGO
TEMÁTICA
- Fala unha muller: o trobador ponse no lugar dunha moza namorada, que é quen fala
- Aparece a palabra amigo (mozo): a moza fala do seu amado (= amigo)
- Outros personaxes son: nai (madre), amiga(s), irmá(s) ou a natureza personificada
- Natureza: ambiente propicio para o amor e pode ter valor simbólico
FORMA
- Usa técnicas de repetición para axudar á memorización
- PARALELISMO: as estrofas relaciónanse de 2 en 2, facendo que a 2ª sexa unha variación da primeira
- Paralelismo perfecto: repítese todo o verso agás a última palabra que se substitúe por un sinónimo
- Estrutural: repítese a estrutura sintáctica
- Semántico: repítese a mesma idea
- LEIXAPRÉN: repetición do 2º verso da primeira estofa como 1º verso da terceira estrofa.
- REFRÁN: verso(s) que se repite(n) ao final de cada estrofa
TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO
- BAILADAS: ledicia de vivir e invitación ao baile
- MARIÑAS OU BARCAROLAS: aparece o mar personificado
- ALBAS OU ALBORADAS: os amantes sepáranse ao mencer
- ROMARÍA: sitúase ao lado dunha ermida onde se encontran os namorados