FacebookSíguenos en YouTube

Novas Profesorado

Fotografías do Magosto 2013

MagostoXa están dispoñibles na Galería de Imaxes, as fotografías das actividades do Magosto 2013.


Magosto 2013

Magosto

A celebración do Magosto ten como obxectivo ancestral facer un tránsito de estación, festexar de xeito tribal ao carón do lume a chegada da estación fría.

Para a nosa comunidade educativa tamén é un momento de encontro, no que pais e nais se achegan un día máis ao centro para participar das actividades de xeito activo.

Ao mesmo tempo, o alumnado participa na organización das actividades lúdicas e na elaboración de materiais educativos coordinados polo profesorado.

Máis info:
Cartaz do Magosto.

Axudas para a adquisición de libros de texto

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. convoca axudas para a adquisición de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2013-2014.

Mais información:
Gratuidade solidaria: Curso 2013/14

Convocatoria Campus de Profundización Científica. Alumnado de 4ºESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para alumnado que remata os seus estudos de ESO para asistir a un Campus de Profundización Científica en Soria durante o mes de xullo de 2013.

Prazo aberto dende o 3 de xuño ata o 13 de xuño.

Mais información:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. ven de convocar 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.

Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído).

Mais información:
axudasle

Un alumno do Centro premiado no Certame Literario Rita Suárez Amado

Premio O alumno do noso Centro Darío Miranda Pastoriza de 4º ESO, resultou gañador no Certame Literario Rita Suárez Amado, que organiza o IES Eusebio da Guarda.

Parabéns Darío!.

Nova sección de Mediación Escolar

Mediacion Escolar

Nova sección na Web, adicada á Mediación Escolar, onde podedes atopar información de interese sobre este tema.

Distribuir contido