FacebookSíguenos en YouTube

Novas Profesorado

CURSO 2014/2015: Procedemento Ordinario de Admisión

Procedemento de Admisión

CURSO 2014/2015

PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN

En cumprimento da normativa vixente faise exposición pública da normativa reguladora do Procedemento de Admisión para o curso 2014/2015, así como dos Postos Escolares Vacantes Ofertados.

+ info:
Secretaría do IES.
Procedemento Ordinario de Admisión.
Postos Escolares Vacantes Ofertados.

Escolma Poética: Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Día da Paz

 Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Dende a Biblioteca, fixemos unha escolma de Poemas que foron recitados por diversos alumnos acompañados de Música ao Piano, Imaxe e Son.

Botádelle unha ollada premendo na seguinte publicación:

Teatro Radiofónico

Teatro Radiofónico


Este xoves 13 de Febreiro pásate pola Biblioteca nos Recreos e desfruta do Teatro Radiofónico que nos ofrece o Grupo de Teatro do IES Maximino Romero de Lema.



Anímate e participa!!

Xantar do Entroido

Ver Cartaz do Xantar


O alumnado de 4º da ESO organiza un Xantar de Entroido no Instituto o vindeiro venres 28 de Febreiro a partir das 14:30 horas.

Mercade as vosas entradas canto antes!!




Ofrécense dous menús:

Menú de 15€:                                           Menú de 10€:

Salada de pasta.                                       Salada de pasta.

Pala ao forno con guarnición.                    Pizza.

Postre e Bebida.                                        Postre e Bebida.

Nuria Vilariño Lema premiada no certame Ciencia que Conta 2013

Concurso Ciencia que Conta 2013

Nuria Vilariño Lema, alumna de segundo de ESO do IES Maximino Romero de Lema, resultou premiada dentro do certame Ciencia que conta 2013, un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. O xurado, decidiu outorgar o primeiro premio á nosa alumna polo relato O gris das fedoras, que podedes consultar no adxunto.

Parabéns Nuria.

Máis información:
Nova publicada en La Voz de Galicia.
Relato Gañador

Concienci@cción

Concienci@cción

Concienci@cción

A continuación descríbense as accións solidarias que se levarán a cabo no IES de Baio durante o mes de Decembro.

A Verdadeira Marca da Roupa (http://glorr.com/web)

Recollida de Roupa

Trátase dunha campaña de recollida de Roupa e Calzado para a Fundación GLORR.

A data límite para recoller a roupa e calzado remata o día 9 de Decembro.

Pasaporte Solidario (http://www.voluntariadogalego.org)

Voluntariado

O xoves 5 de Decembro a Asociación Íntegro virá expoñer a súa visión sobre o voluntariado ao centro.

Trocando Lecturas (Biblioteca)

Troco de Libros

Dende a Biblioteca do Centro estase a traballar no proxecto de Troco de Libros para levalo a cabo coas seguintes datas:

-16 de Decembro: Data límite de entrega de libros.

-17 e 18 de Decembro: Feira do Libro de Nadal.

Tapóns por Sorrisos (http://todosconjm.wordpress.com/recollida-de-tapons)

Recollida de Tapóns

Levarase a cabo unha recollida selectiva de tapóns para axudar a José Manuel (Vedra) en colaboración co Concello. Manterase todo o curso.

Consulta os Tapóns Válidos premendo a seguinte imaxe.

Tapóns Válidos

De Bote en Bote...Compartindo

Recollida de Alimentos

Terá lugar unha campaña de Recollida de Alimentos entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.

Removendo Xoguetes

Recollida de Xoguetes

Levarase a cabo unha campaña de Recollida de Xoguetes entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.

Máis Traballos sobre o Magosto!!

Magosto

A celebración do Magosto, foi un bo motivo para a elaboración dunha serie de traballos que afondan nesta temática.


Consulta os traballos realizados premendo na imaxe do Magosto.

Distribuir contido