FacebookSíguenos en YouTube

Fotografías do Magosto 2013

MagostoXa están dispoñibles na Galería de Imaxes, as fotografías das actividades do Magosto 2013.


Excursión Orinoco

OrinocoXa están dispoñibles na Galería de Imaxes, as fotografías da visita que realizamos dende o Departamento de Música á Exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.


I Concurso Slogan 25 de Novembro

I Concurso Slogan
25 de Novembro
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Mulller

I Concurso SlogansO 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Con motivo desta celebración a Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema convoca este concurso de slogans.

Lembra que un slogan é unha frase breve ou texto curto con certa orixinalidade usado na propaganda comercial, política...

O teu, cando menos, ha de ser orixinal e ter como finalidade poñer a xente a pensar...

Máis info:
Bases do Certame.

Magosto 2013

Magosto

A celebración do Magosto ten como obxectivo ancestral facer un tránsito de estación, festexar de xeito tribal ao carón do lume a chegada da estación fría.

Para a nosa comunidade educativa tamén é un momento de encontro, no que pais e nais se achegan un día máis ao centro para participar das actividades de xeito activo.

Ao mesmo tempo, o alumnado participa na organización das actividades lúdicas e na elaboración de materiais educativos coordinados polo profesorado.

Máis info:
Cartaz do Magosto.

Curso 2013-2014: Circular Informativa ás Familias ESO e 2º PCPI

Información

Achégase no documento adxunto a Circular Informativa da Convocatoria da Reunión ás Familias do Alumnado da E.S.O. e 2º P.C.P.I.

Distribuir contido