FacebookSíguenos en YouTube

O Nadal na Biblioteca

Nadal na Biblioteca

 

Actividades de Nadal na Biblioteca

Dende a Biblioteca queremos informar de dúas actividades propostas para este Nadal.

Consulta cada unha premendo no seu nome ou na súa imaxe:

O Amigo Invisible

Feira de Troco de Libros

Feira de Nadal de Troco de Libros.

O amigo Invisible pasa pola Biblioteca.

Concienci@cción

Concienci@cción

Concienci@cción

A continuación descríbense as accións solidarias que se levarán a cabo no IES de Baio durante o mes de Decembro.

A Verdadeira Marca da Roupa (http://glorr.com/web)

Recollida de Roupa

Trátase dunha campaña de recollida de Roupa e Calzado para a Fundación GLORR.

A data límite para recoller a roupa e calzado remata o día 9 de Decembro.

Pasaporte Solidario (http://www.voluntariadogalego.org)

Voluntariado

O xoves 5 de Decembro a Asociación Íntegro virá expoñer a súa visión sobre o voluntariado ao centro.

Trocando Lecturas (Biblioteca)

Troco de Libros

Dende a Biblioteca do Centro estase a traballar no proxecto de Troco de Libros para levalo a cabo coas seguintes datas:

-16 de Decembro: Data límite de entrega de libros.

-17 e 18 de Decembro: Feira do Libro de Nadal.

Tapóns por Sorrisos (http://todosconjm.wordpress.com/recollida-de-tapons)

Recollida de Tapóns

Levarase a cabo unha recollida selectiva de tapóns para axudar a José Manuel (Vedra) en colaboración co Concello. Manterase todo o curso.

Consulta os Tapóns Válidos premendo a seguinte imaxe.

Tapóns Válidos

De Bote en Bote...Compartindo

Recollida de Alimentos

Terá lugar unha campaña de Recollida de Alimentos entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.

Removendo Xoguetes

Recollida de Xoguetes

Levarase a cabo unha campaña de Recollida de Xoguetes entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.

Máis Traballos sobre o Magosto!!

Magosto

A celebración do Magosto, foi un bo motivo para a elaboración dunha serie de traballos que afondan nesta temática.


Consulta os traballos realizados premendo na imaxe do Magosto.

Gañador I Concurso Slogan 25 de Novembro

Xa temos Gañador!!

I Concurso SlogansO 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
O Slogan gañador do I Concurso de Slogans para a conmemoración desta data, foi o seguinte:

O gran perder do home? A violencia contra a muller

Este slogan foi ideado por Junior Pereira Grille, alumno de 1º Curso do Ciclo Formativo de SMR.

Parabéns ao gañador.

A Castaña das Ciencias

Ourizo

Xa podedes consultar os traballos relacionados co Magosto, que se realizaron dende o Departamento de Ciencias da Natureza.

Consulta os traballos premendo na imaxe do Ourizo.

Fotografías do Magosto 2013

MagostoXa están dispoñibles na Galería de Imaxes, as fotografías das actividades do Magosto 2013.


Excursión Orinoco

OrinocoXa están dispoñibles na Galería de Imaxes, as fotografías da visita que realizamos dende o Departamento de Música á Exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.


Distribuir contido