FacebookSíguenos en YouTube

Obradoiro de coeducación

Con motivo do curso de formación do profesorado que se está a desenvolver no centro dentro da liña de coeducación, o vindeiro 29 de xaneiro (mércores) en horario de 16-18h., Carme Adán, destacada filósofa, profesora e espealista en temas de xénero, impartirá un obradoiro sobre coeducación ao profesorado matriculado no citado programa de formación. Queríamos abrir este obradoiro a todas as persoas interesadas en coeducación, aínda que non estén dentro do programa. Indicádeo en Vicedirección para que os anoten e organizar a xornada.