FacebookSíguenos en YouTube

Ao son do rural

Este ano un grupo de docentes do Centro estamos traballando nun Proxecto Educativo co noso alumnado denominado "Ao Son do Rural". A idea básica do proxecto é empoderar ao alumnado na idea do valioso patrimonio material e inmaterial que temos no rural galego e -a maiores- potenciar a imaxe de futuro real nas nosas aldeas e vilas da Costa da Morte para esta xuventude. Queremos convidarvos pois a un acto aberto a toda a Comunidade Educativa o vindeiro sábado 2 de febreiro para que o noso alumnado explique máis polo miúdo os obxectivos do proxecto. Tamén contaremos coa colaboración de Natalia Lema, Manolo Rivas e Xurxo Souto para encontrarnos e reflexionar "Ao Son da Literatura". O alumnado de cuarto de ESO e as súas familias organizan un xantar para as persoas que desexen quedar a xantar no Centro e colaborar coa excursión de fin de curso. Ao finalizar este proxecto, en xuño, tentaremos contruír unha ruta polos muiños que están a carón do Centro e facer unhas xornadas de aulas abertas para compartir todas as experiencias da comunidade de aprendizaxe abordadas durante o curso.