FacebookSíguenos en YouTube

Campaña Amar é coidar

Como cada ano, o 25 de novembro ten lugar o “DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER”, día no que nos detemos a pensar sobre as causas e consecuencias de este tipo de violencia sobre as mulleres. A campaña de concienciación contra a violencia de xénero ten que ser cada día do curso, e coa implicación de toda a comunidad educativa. Para iso estamos a desenvolver estratexias e propostas educativas de análise de causas e consecuencias e traballar propostas educativas que axuden aos rapaces e rapazas a identificar e rexeitar todo tipo de violencia e, en concreto, a que se exerce sobre as mulleres, rapazas e nenas. Baixo os lemas #Amor non é control, #Amar é coidar na semana do 19-23 de novembro centrámonos nos rapaces e rapazas, nos adolescentes, onde o tipo de violencia sobre as rapazas baséase no control nun senso amplo: sobre os seus amigos, vestimenta, ocio, redes, sociais, ou móbi. E por iso, precisamente, a campaña terá como fío condutor as redes sociais e móbil:

  1. CAMPAÑA FOTOGRÁFICA sobre imaxes que denuncien a violencia contras as mulleres e rapazas: @s participantes enviarán ao Facebook e Instagram do IES e da ANPA as súas fotografías (cancelo #Amor non é control, #Amar é coidar), cun título e o autor/a da fotografía, poden ir acompañadas dun texto breve.
  2. Propostas para traballar nas TITORÍAS da semana do 19-23 de novembro: @s titores/as explicarán a campaña fotográfica e poden traballar os contidos a partir do material audiovisual proposto [se precisan doutro material, indicádeo] para iniciar a reflexión e debate arredor do tipo de violencia como control sobe redes sociais e móbil: Amor no es control, la campaña del Consejo Superior de Deportes para erradicar la violencia de género”.