FacebookSíguenos en YouTube

Banda de mozas, proxección no cinema Númax de Compostela

O pasado venres, 19 de outubro, o alumnado de Francés, Igualdade e Imaxe e Son acudiu a unha nova matinée escolar programada polo cinema Númax de Compostela para asistir á proxección do filme Banda de Mozas, da directora francesa Céline Sciamma. O filme, protagonizado por catro rapazas afrodescendentes que viven na periferia parisina, impactou pola frescura e a riqueza das temáticas abordadas: o realismo social, a opresión baixo múltiples formas, as relacións familiares e amorosas e ante todo, a amizade e a liberdade.