FacebookSíguenos en YouTube

A saída de 2º de BACH a Ourense e Santiago, en imaxes:

Días como o de onte son imprescindibles na Educación. O alumnado de 2º de BACH percorreu a xeografía galega desde terras da Limia e Celanova ata Compostela, desde a Via Nova romana á Arte contemporánea pasando pola pegada mozárabe. Onte foi un dia de aulas sen paredes, de aprehender o aprendido xunto á natureza, ás vilas e museos de vidro e pedra. Onte foi un dia  tamén para compartir, e facelo xunto aos compañeir@s. Educación en maiúscula. Visita alumn@s de 2 bacharelato ao campamento romano Aquer Querquenis (Bande), capela mozárabe de s. Miguel (Celanova) e á exposición Galicia Universal de Arte Galega ss. XIX-XX (Cidade da Cultura, Compostela). O alumnado de 2º de Bach viaxou co departamento de Xeografía e Historia polos camiños do coñecemento. 

Fai clic sobre a imaxe para ver o álbume da actividade

Álbum: Curso 2017/2018 -> Saída a Ourense e Santiago