No día de onte estivemos con Inés e Julio na Aula de Emprendemento. Estes laxenses presentaron o seu proxecto: iSLOW. Nunha de construción da contorna, reinventáronse, cunha innovación no sector do confort e da tranquilade, o coliving.
Dende Inglaterra, onde vivían, decidiron regresar ás súas orixes en Laxe. Mentres amañaban unha casa familiar, abandonada, traballaban arreo nos conceptos innovadores do descanso, da individualidade, do traballo en remoto, da familia con fillos, da educación infantil na casa…traendo a innovación ao rural do coliving. A pandemia recuncou o servizo dos espazos libres, o traballar dende calquera lugar onde teñamos conexión á rede, o fuxir das cidades e das presas, as novas tribos: o movemento slow.
A páxina web, os presupostos, a conta de resultados…. medir, medir, medir…….mil problemas a solventar, todos os días, que con ilusión e moita enerxía rematan en éxito.
Grazas Inés e Julio. Voltade pronto. Que gran proxecto!!!!!
O Club de Ciencia comezou a súa andaina durante a mañá de hoxe con Talleres micófilos impartidos por Miriam da Asociación Medioambiental AMABUL ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.
A profesora foi explicando, seguindo os paneis da exposición Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta, aspectos diversos arredor dos fungos: os distintos tipos, a reprodución, o recoñecemento pola forma, cor ou olor; a súa importancia para ter un terreo fértil, xa que solucionan pragas e suxeitan o solo evitando a erosión; a gran axuda que supoñen para mitigar o cambio climático, mellorar a diversidade e axudan a formar choivas...
Fixo fincapé en cando, como e cantos se deben recoller: hai que ir ao monte con sentidiño e non arrasar con todos porque non se volverían reproducir.
Remataron a actividade cun xogo de memoria con imaxes de cogomelos; con algúns alumnos de 1º ESO continuou a práctica durante o recreo recollendo mostras na nosa carballeira. Miriam entregoulle a cada grupo participante a unidade didáctica-ambiental Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico a cada grupo. Unidade na que podemos seguir realizando un achegamento didáctico-activo ao mundo dos cogomelos.
Grazas a Miriam por esta actividade tan amena, didáctica e fundamental para o coñecemento e sensibilización sobre a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.
Comezo do curso o luns, 11 de setembro de 2023.
Presentación será o luns, 11 de setembro ás 8:45 de forma presencial ou en liña (a elexir polo alumnado):
A partir do luns, os contidos tratados na sesión de presentación estarán a disposición do alumnado no espazo de titoria na aplicación de formación a distancia (https://fpadistancia.edu.xunta.gal/loginA/index.php).
O vindeiro luns 11 de setembro comezarán as clases para todos os niveis no horario lectivo habitual:
- De 08:45 a 14:25 horas de luns a venres para todo o alumnado do Centro.
- De 16:30 a 18:10 horas o luns pola tarde para o alumnado de ESO, Bacharelato e FP Básica.
- De 15:40 a 18:10 horas o luns e o mércores pola tarde para o alumnado de Ciclo Medio e Ciclo Superior .
O servizo de transporte escolar funcionará co horario habitual.
O IES Maximino Romero de Lema permanecerá pechado entre os días 1 e 30 de agosto. Para realizar calquera trámite e/ou consulta poden contactar con nós a través do correo electrónico do Centro: ies.maximino.romero.delema@edu.xunta.es ou chamando ao teléfono: 881960015.
Moitas grazas.
Prégase ao profesorado que obteña destino na resolución definitiva do CADP se poña en contacto co Centro a través do correo electrónico ou chamando ao 881960015.
Moitas grazas.
HORARIO DE APERTURA DO CENTRO: dende as 9:00 e ata as 14:00 horas
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: dende as 9:00 e ata as 13:00 horas.
OS DÍAS 10 E 26 DE XULLO O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO POR FESTIVIDADE LOCAL.
Pechamos este curso académico coa xubilación de Alejo e Ricardo, dous compañeiros e amigos que tras moitos anos dedicados ao ensino, comezan unha nova etapa na súa vida para gozar dunha máis que merecida xubilación.
Dúas persoas que representan mellor ca ninguén a nosa profesión. Dedicación, constancia, compromiso, esforzo...son algúns dos adxectivos que mellor os definen como profesionais e como persoas.
Botarémosvos moitos de menos e sempre estaremos aquí para o que necesitedes.
Moitas grazas e moita sorte!