Responder ó comentario

PLAN PROXECTA

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS REALIZAMOS UN ENCONTRO LITERARIO CON ANDREA MACEIRAS

ENTREVISTA A ANDREA MACEIRAS

PRESENTACION DIEGO NOGUEIRAS

ENTREVISTA A ANDREA MACEIRAS

ALEX - INDIA -  JAIRO

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, e en colaboración coa Biblioteca do centro, levamos a cabo un encontro literario coa escritora Andrea Maceiras que nos veu falar de dous dos libros que leu o alumnado de 1º e 3º ESO, A folla azul e Europa Express respectivamente. Esta xuntanza tivo lugar o día 7 de marzo, previo ao Día da Muller, para pór en valor o traballo desta magnífica autora.

Foi Diego Nogueiras Pérez de 3º ESO o encargado de presentarnos a escritora que dende moi nova sentiu un amor extraordinario polas historias e comezou a escribir para unha destinataria moi especial como era a súa irmá pequena, de aí que se dedicase á literatura infantil e xuvenil. Diego Nogueiras destacou a súa prolífera actividade literaria (Proxecto bolboreta, O segredo do lagarto arnal, Nubes de evolución, Miña querida Sherezade, Volverás golfiño, Conta nove estrelas e O que sei do silencio)  e os diferentes premios acadados (premio Meiga Moira, Premio Jules Verne, Premio Lazarillo, etc). Ademais subliñou que escribe por todas as cousas que foron, serán ou puideron ter sido, xa que concibe a literatura como unha forma diferente de existencia ou viaxe.

Deseguido Alejandro Martínez González, India López Arias e Jairo Núñez Nogueira, alumnos de 3º ESO, realizáronlle unha entrevista que vos deixamos para que a escoitedes.

A continuación, o alumnado de 3º ESO mantivo unha conversa moi amena coa escritora entorno á obra Europa Express que leron durante o primeiro trimestree ao finalizar asinoulles os exemplares que previamente mercaran.

Para rematar a tarde literaria, o alumnado de 1º ESO achegouse ao Salón de Actos para falar sobre a obra A folla azul. Neste caso, Andrea Maceiras contoulle a súa paixón pola selva amazónica compartindo reflexións moi interesantes nas que interveu o alumnado de xeito activo e emocionou a propia escritora. Como non podía ser doutro xeito, tamén lle asinou os exemplares do libro A folla azul.

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos do encontro literario con Andrea Maceiras.

 

 NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS CELEBRAMOS

O DÍA de ROSALÍA DE CASTRO

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, celebramos o Día de Rosalía de Castro o pasado día 23 de febreiro co alumnado de todo o centro educativo tanto ESO coma BAC.

Seguindo as recomendacións da Asociación de Escritores en Lingua Galega o alumnado do noso centro educativo decorou diferentes flores, en especial, pensamentos, por ser a flor favorita da autora do Rexurdimento. Estas flores foron expostas polos corredores do centro. Ademais diferentes alumnos e alumnas fixeron debuxos da escritora: Alicia Pérez Sánchez de 2º ESO, Martín Fernández Gil e Miguel Ortiz Sousa de 4º ESO e Mauro Docampo Gacio  de 2º BAC B quen, dun xeito espectacular pintou un cadro co rostro.

 

   
Martín Miguel Marco

Alicia 

Alén desta actividade a profesora de Música, Marta Cortés, estivo a ensaiar co alumnado: Jairo Núñez Nogueira de 3º ESO, Miguel Ortiz Sousa de 4º ESO e Julia Barrio Tourís de 2º BAC A unha pequena representación teatral adaptada da obra de Vidal Bolaño e posteriormente pasaron por todas as aulas representando maxistralmente a súa peza.

E para rematar o mes da autora o alumnado de 3º ESO leu os diferentes poemas de Cantares Gallegos coa intención de realizar un audiolibro que, en breve, publicaremos.

Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da realización do decorado e exposición das flores, así como o vídeo da representación teatral e os retratos da autora.

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS CELEBRAMOS

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Cartel

Dentro do Plan Proxecta,365 días de respecto e igualdade, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o pasado día 11 de febreiro co alumnado de 3º ESO.

O encargado desta actividade foi o profesor de Física e Química, José Ángel Liste Alvarellos, quen lle explicou ao alumnado de 3º ESO que este día foi proclamado no ano 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as rapazas.

Así o alumnado realizou uns murais sobre seis grandes científicas da historia co fin de visibilizar o traballo destas mulleres que se dedican ou dedicaron ás áreas STEM.

As seleccionadas para este fin foron: Marie Curie, Rosalind Franklin, Lise Meitner, Margarita Salas, Jennifer Doudna e Emmanuelle Charpentier.

Os murais rematáronse durante o propio día 11 de febreiro e foron posteriormente pendurados polo corredor da entrada á Biblioteca do centro, para desta maneira poñer en coñecemento de toda a comunidade educativa os logros científicos destas relevantes mulleres.

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da realización dos murais.

f1

f2

 f3

f4

f5

f6

 

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS SEGUIMOS CON CHARLAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Cartel

 Dentro do Plan Proxecta365 días de respecto e igualdade e grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, seguimos levando a cabo diferentes charlas co alumnado da ESO. O pasado 16 de decembro foi o alumnado de 3º da ESO quen asistiu a unha charla sobre Violencia de xénero no novo contexto dixital.

Este obradoiro foi impartido pola asociación vasca Pantallas Amigas, que levan dende o ano 2004 traballando cos adolescentes para desenvolver nos máis novos as habilidades e as competencias dixitais que lles permitan participar de forma activa, positiva e saudable na rede.

Nesta ocasión, o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de descubrir e afondar novas formas de violencia que xorden no contexto dixital, en especial a ciberviolencia de xénero, o grooming, sextorsión, etc, así como ver e debater sobre a Historia de Pepe y Pepa de Carme Ruíz Repullo para detectar pequenas mostras de micromachismos,

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da charla.

f1 f2

f3 f4

 

 

Dia internacional da violencia de  xenero 25/11/2021

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS DICIMOS NON Á VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

“Nin unha máis. Nin un menos. Xuntos. Vós e nós”

 

Manifesto 25-N ANTELA ROO CALVO

 

 

  

______________________________________________________________

 

ENTRADAS:

 

- De Pandora á muller do século XXI: Os mitos do amor romántico

- Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero

- Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual

- “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", Pantallas Amigas

- De Helena de Troya a Pilar Rubio. Tirando murallas!

Responder

Powered by Drupal - Design by artinet