SEMANA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

 

    IX SEMANA GALEGA DA SEGURIDADE (A MARIÑA)

 

    Os alumnos da eso e do Ciclo Superior de Química Industrial asistiron durante os días 22, 23 e 24 de setembro á 9ª Semana Galega da Seguridade na Mariña organizada por Alcoa no pabellón de deportes de San Cibrao.

 

 

     Nas actividades participaron corpos de seguridade e emerxencia, o Isgga (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral), Fremap e diferentes proveedores de materiais e servizos de prevención de riscos.

 

 

   O programa incluíu diferentes conferencias co obxecto de concienciar da importancia da seguridade e prevención de riscos, así como a utilización de desfibriladores e exhibición de equipos de protección individual (EPIs)

 

 

  Ao longo destas xornadas organizáronse diversos simulacros como extinción dun incendio na industria, descontaminación NBQ (para riscos de tipo nuclear, biolóxico e químico), rescate polo helicóptero Garda Costas de Galicia, excarcelación dun vehículo, detección de explosivos por unha unidade canina, demostración de traballos en altura ou incluso talleres para previr lesións de espalda.

 

 

   
Simulacro de excarcelación A Garda Civil nunha charla
Aspecto xeral das actividades no exterior Primeiros auxilios básicos