2008-09, Extraescolares e complementarias, Propostas por niveis

NATURNOVA

O 22 de outubro alumnos/as de 1º da ESO fixeron unha saída que resultou bastante completa e que, segundo a súa propia valoración, resultou bastante interesante. Primeiro visitamos a exposición PERMANENTE da colección Caixanova onde unha monitora, de xeito ameno e didáctico, explicounos, baseándose en catro cadros, as diferentes manifestacións artísticas. En Naturnova, a través de módulos interactivos, exploraron o universo, o noso planeta e os elementos que condicionan a vida dos seres vivos.

Por último visitamos a Casa do Concello en Cangas. No Salón de plenos a Alcaldesa, acompañada de dous concelleiros, explicou en que consistía o seu traballo e o funcionamento da administración local. O alumnado aproveitou para pedirlle melloras nos arredores do Centro (asfaltado da rúa de acceso) e do Concello en xeral.

 

CINE EN VIGO

Os alumnos/as de 4º ESO-PDC realizaron unha saída cultural, o mércores 8 de outubro, aos Cines Yelmo de Vigo para asistir a proxección da película "O neno co pixama a raias". Ademais dunha unidade didáctica previa sobra a película, puideron visitar as salas de proxección e viron como funcionaban as máquinas e os proxectores nun cine. Galería de imaxes.

Distribuir contido