2007-2008, Complementarias, Escolares

Entroido 2008

Para manter vivas as tradicións da nosa comunidade no Centro celebrouse o Carnaval. Foi o venres 1 de febreiro. Xa no ágora tiñamos unha exposición de máscaras realizadas polo alumnado de Plástica.

A partir das 12:00 horas suspénderonse as clases para que o alumnado e profesorado poidera disfrazarse e participar das actividades programadas para amenizar a xornada ( Se ben e certo que xa dende as primeiras horas da mañá se vivía o ambente festivo no centro, atopándonos con alguns alumnos/as disfrazados/as)

Disfrutaron con nós da festa, un grupo de alumnos/as do Juan XXIII, buscando a outra metade da tarxeta entre compañeiros/as, comendo orellas, desfilando no concurso de disfraces, bailando o son dos gaiteiros e atemorizándonos na “casa do terror”.

Houbo unha participación  moi significativa de alumnado, non podemos decir o mesmo do profesorado, e unha importante colaboración da ANPA xa que aportou as orellas e os premios no concurso de disfraces.    

Galería de imaxes

Exposición sobre o espazo natural de Punta Balea.

O espazo natural de Punta Balea atópase en solo catalogado como de protección de espazos naturais. En pouca superficie hai unha gran concentración de hábitats dando lugar a unha gran riqueza natural e a unha alta diversidade biolóxica de plantas, insectos, reptiles, aves, mamíferos, etc.

Galería de imaxes

Vive en defensa do monte galego 2008

O alumnado de 3º ESO participa do 28 ao 31 de Xaneiro no programa "Vive en defensa do monte galego 2008"
É un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural e cultural galego que promove o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á recuperación do noso monte.
Aloxados no albergue xuvenil As Sinas Farán Obradoiros, recollida de sementes, realización de viveiros, plantación de especies autóctonas, rutas de orientación, etc.

Galería de imaxes

Actividade deportiva

    O Departamento de Educación Física, de acordo coa Vicedirección, decidiu realizar unha serie de actividades deportivas para o alumnado deste Centro. Estas actividades clasificámolas en dous apartados:

1.- Deporte Interno

  • Competición de Fútbol-sala, para alumnado de 1° e 2° de E.S.O. Celébrase no patio, nos recreos, con equipos mixtos formados libremente entre o alumnado.
  • Competición de Fútbol-sala para 2° ciclo de E.S.O., Bacharelato e Ciclo Formativo. Celébrase os luns e mércores nos recreos, no Pavillón, con equipos mixtos formados libremente entre o alumnado.
  • Bádminton, aprendizaxe e competición, os xoves e venres nos recreos, no Pavillón, para alumnado de 1°, 2° de E.S.O.
  • Patinaxe artístico, os martes, durante o recreo, no pavillón , con alumnado da E.S.O.
  • Acrosport, os xoves, no recreo, no Ximnasio, para alumnado do 1° ciclo da E.S.O.

2.- Deporte entre centros

    Decidiuse establecer encontros deportivos e de convivencia co IES Montecarrasco, programando un encontro por trimestre, dirixido a alumnado de E.S.O. Competición María Soliño - Montecarrasco

O primeiro encontro, previsto para o día 20 de decembro, celebrarase co seguinte programa, a partir das 10:30 horas:

  • 1° ESO: Fútbol-sala, masculino e feminino
  • 2° ESO: Badminton, masculino, feminino e mixto
  • 3° ESO. Hoquei mixto
  • 4° ESO: Volei mixto

    Máis adiante determinaranse as datas e deportes das sucesivas xornadas , barallándose a posibilidade de celebrar un encontro de xogos populares galegos en datas próximas ao 17 de maio.

 

    Galería de fotos

Cándido Pazó

Actuación de Cándido PazóO día 9 de novembro o noso salón de actos foi un estoupido de risas, aplausos, sorpresas... Cándido Pazó, actor, autor teatral, director, co seu "Espectáculo da palabra", encandilou ó alumnado e profesorado. A palabra feita espectáculo, a palabra que divirte, celebra, recorda, emociona... Fíxonos pasar momentos estupendos.

Galería de fotos

 

 

 

Clases sen fume

O alumnado de 1ºA e 2ºB da ESO participa no Alumnado dun dos grupos particpantesprograma "clases sen fume", enmarcado na rede europea de mozos sen tabaco e levado a cabo pola dirección xeral de saúde pública (Consellería de Sanidade). Ten como obxetivos o retardo na idade de inicio no tabaco, ou o fomento do abandono nos que xa tiveran experiencias de consumo e a normalización da imaxe do "NON FUMADOR".

Pretende tamén fomentar o desenvolvemento de proxectos creativos na idea dunha saúde sen tabaco.

Actividades en horario lectivo

Dentro das actividades complementarias que se realizan co alumnado en
horario lectivo, que forman parte da programación pero que teñen un carácter
diferenciado polo momento, espazo ou recursos que se utilizan, neste curso escolar
van a realizarse as seguintes:

CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS:

● Magosto Fotos
● Día da muller traballadora Fotos
● Entroido  Fotos
● San Valentín Fotos
● Día das Letras Galegas Máis información e fotos
● Festival conxunto cos centros adscritos Información e fotos

ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CON OUTROS CENTROS,
ASOCIACIÓNS, INSTITUCIÓNS, ETC

● Realización dun intercambio escolar co Istituto Tecnico Statale Nuccia Casula
de Varese (Italia) con recepción do alumnado italiano en outubro e visita a
Varese en marzo. Fotos: Cangas / Varese;  Notas de prensa: Cangas / Varese
● Taller sobre a violencia de xénero.(alumnado de 4º) Concello de Cangas Imaxes
● Charla coloquio sobre a actividade na bolsa (alumnado economía) Caixa
Galicia
● Taller afectivo sexual (alumnado de 4º). Concello de Cangas
● “Te puede pasar” Charla coloquio de AESLEME (Alumnado de 4º)
● Taller sobre tabaquismo (alumnado de 2º Eso) Concello de Cangas
● Taller sobre a prevención do uso do alcohol (alumnado 3º ESO) Concello de
Cangas.
● Taller sobre a prevención do uso de drogas. (alumnado 4º ESO) Concello de
Cangas.
● Participación no programa AULAS SEN FUME. ( alumnado 1º ciclo) 
● Charla coloquio AUTOPROTECCIÓN. (alumnado 1º ciclo) Protección Civil
● Presentación da Universidade. (alumnado de bacharelato) Universidade de
Santiago.
● Sesión de CONTACONTOS. (todo o alumnado) Cándido Pazó. Fotos.
● Encontros deportivos co IES Montecarrasco. Fotos

CONCURSOS, EXPOSICIÓNS, CERTAMES, MOSTRAS,
PUBLICACIÓNS…

● O alumnado de artes participa nos concursos de carteis para a Mostra de
Teatro
, Entroido de Cangas, etc
● Exposición de máscaras do Entroido Fotos
● Exposición xeral dos traballos do alumnado de artes no Auditorio Fotos
● Certame de poesía María Soliño, para todo o alumnado de ensino medio de
Galicia. Fotos da presentación do certame
● Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo. Máis información e fotos
● Concurso exposición de cabazas “Samaín” Fotos
● Publicación mensual de MARIA SOLIÑO NEWS. Alumnado de Técnicas de
Expresión Escrita
● Arando Cedo. Revista coordinada por Normalización Lingüística

DINAMIZACIÓN DOS RECREOS

Durante os recreos, para diversificar os momentos de ocio ofrécense, por
parte de profesores do Centro, as seguintes actividades abertas a todo o alumnado:
● Luns, mércores e xoves ligas e campionatos deportivos organizados polo
alumnado: fútbol sala, balonmán, tenis de mesa, bádminton, etc
● Martes: patinaxe
● Xoves: Acrosport
● Venres: Bádminton  (Fotos) e baile de salón.

Tamén nalgúns recreos se intentará dinamizar o uso da ágora con actividades
varias: música, demostracións, ….

Saída ó Facho

O 27 de novembro o alumnado de 2º ESO fixo unha saída ó Facho.

Foron facendo senderismo co profesor de educación física e os alumnos/as de 2º do ciclo, saíndo do instituto, cruzando por Piñeiro, Liméns, igresario, Montes da Serra e Facho. Alí analizaron in situ o que era un poboado castrexo e o santuario de Berobeo coas explicacións da profesora de sociais.

Volveron en autobús facendo unha parada en Mogüelos para observar os petroglifos.

Esta saída fíxose a proposta do departamento de Xeografía e Historia e Educación Física.

Visita ao Facho              Visita ao Facho

Naturnova

O día 27 de novembro o alumnado de 1º ESO visitou o centro social de Caixanova.

Alí estiveron en Naturnova, centro interactivo de educación medio ambiental no que mediante a realidade virtual coñeceron mellor o mundo ó que pertencemos e a súa importancia para a vida e a necesidade de conservalo.

Tamén percorreron a exposición permanente de arte contemporánea galega onde mediante as explicacións dunha guía observaron e apreciaron algunhas das obras expostas.

Na opinión das profesoras acompañantes a experiencia foi moi positiva e recomendaron a súa repetición para o mesmo nivel en anos próximos.

Esta actividade foi proposta dende os departamentos de Ciencias sociais, naturais e plástica.

 

Actividades programadas

● Participación na semana branca (xaneiro), semana verde (abril) e semana

azul (xuño)

Distribuir contido