2007-2008, Complementarias, Escolares

O último roedor

O 8 de Maio o Obradoiro de Teatro María Soliño, puxo en escena no auditorio “O ÚLTIMO ROEDOR” de Cándido Pazó. Con esta obra participo una XII Mostra de Ensino Secundario do Morrazo.
Reparto: Santiago Piñeiro, Carolina Guitián, Andrea Soage, Diego Enríquez e Marcial Lagoa.
Vestiario: Milagros Abal
Dramaturxia e posta en escena: Pedro P. Riobó
Dirección: Pedro P. Riobó e Vanessa Sotelo

Galería de imaxes

Concurso de carteis da XII Mostra de Teatro

Alumnado do IES María Soliño participou no concurso para a elección do cartel anunciador da XII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo.Resultaron ganadoras Sandra Rúa  Amadou o 1º premio e Clara Afonso o 2º. Ambalas dúas de 2º de bacharelato artístico.

Imaxes dos carteis

Día da muller traballadora

Con motivo do día da muller traballadora, houbo na ágora, unha pequena exposición.
Nela, mediante información nuns casos, e de forma satírica noutros, facíase referencia a súa discriminación no traballo co engadido da sobrecarga das tarefas da casa.

Galería de imaxes

Festival Solidario

O 30 de Maio tivo lugar no Auditorio o 2ª Festival solidario Maria Soliño de Cangas –María Soliña da India. Organizaron e participaron neste acto solidario o IES María Soliño e os centros adscritos CEPI de Espiñeira_ Aldán, CPEI de Hío e CPEI de Nazaret. Como invitados contamos coa Coral Lestonnac.
O fío conductor e lema do festival foi “O MAR QUE NOS UNE”. Para publicitalo, fíxose un cartel (imaxe) e repartíuse entre todo o alumnado dos catro centros un tríptico informativo (imaxe portada, imaxe contraportada).

Galería de imaxes

Talleres das xornadas interculturais

12, 13 e 14 de maio, con motivo da celebración das IV Xornadas Interculturais organizadas polo Concello de Cangas, no centro leváronse a cabo diversas actividades impartidas pola ONG  Solidariedade Internacional de Galicia:
2º ESO Xogos do Mundo: Xogos de América
3º ESO Comercio Con-sentido
4º ESO Teatro Forum
Na ágora estivo a exposición “ FONDO GALEGO”

Galería de imaxes

Senderismo pola Serra da Magdalena

O 19 DE Maio o alumnado de 1º Eso fixo senderismo pola Serra da Magdalena para achegarse ata a antena (punto máis alto do Concello de Cangas). Mapa en man orientáronse, localizaron accidentes xeográficos e observaron as características da nosa paisaxe.
Departamento de Educación Física e Ciencias Sociais

Galería de imaxes

Visita ó museo de Pontevedra

21 de Maio de 2008.  O alumnado de 1º de ESO visita a sala arqueolóxica do Museo de Pontevedra, onde realiza unha ficha  de traballo e identifica os restos atopados no Concello de Cangas. Logo fai un percorrido polo casco antigo de Pontevedra, orientándose por un plano, localizando  lugares de interese  ao mesmo tempo realiza unha enquisa.
Pola tarde un guía introdúceos no mundo máxico dos petroglifos de Campo Lameiro.
Actividade  proposta polo seminario de Ciencias Sociais

Galería de imaxes

Día do libro

O 23 de abril conmemórase no centro o día do libro cunha lectura continuada de " o sol do verán" de Carlos Casares.

Os distintos grupos en horario organizado baixaran á biblioteca donde cada alumno/a leerá aproximadamente media páxina do mencionado libro.

Galería de fotos

"Mira por él"

"Mira por él" é un programa de achegamento ao patrimonio cultural galego promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Con este programa, mediante proxeccións e actividades, móstrase ó alumnado o noso patrimonio material e inmaterial e a importancia da súa conservación.

Tivo lugar entre o 25 de abril e o 6 de maio e participou o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Mediante exposicións, vídeos, xogos, etc. pretendeuse afondar no coñecemento do noso patrimonio cultural para valoralo e así coidalo, defendelo, protexelo e conservalo.

Galería de fotos

Mostra de teatro

Do 24 ao 30 de abril celébrase a XII Mostra de teatro de ensino secundario do Morrazo. Este ano correspóndelle a organización ó IES As Barxas.

Centros que participan: IES de Rodeira (Cangas), Eduardo Pondal (Cangas), IES Salvador Moreno (Marín) e IES María Soliño coa obra "O último roedor" de Cándido Pazó e baixo a dirección de Pedro Pablo Riobó e Vanesa Sotelo.

Imaxes da representación da obra no Auditorio Municipal de Cangas, día 8 de maio

Distribuir contido