Xa non queda nada para rematar o curso! Para botarvos unha man, achegámosvos unhas breves presentacións sobre os diferentes estudos aos que podedes acceder ao rematar a etapa da ESO. Se tes algunha dúbida ponte en contacto co Departamento de Orientación.
Premendo no seguinte enlace accederase ao calendario para as probas libres 2020-2021.
NOTA.-
Modifícanse as horas das probas dos módulos Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares, Estruturas do vehículo e Sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe. Pódense consultar as horas corrixidas NESTA LIGAZÓN.
Debido ás circunstancias sanitarias, o protocolo a seguir para estas titorías é o seguinte:
As titorías serán telefónicasdentro do horario asignado a cada titor ou profesor. O alumnado pedirá cita previa ao titor/profesor en persoa, a través dunha nota ou ben a través de Abalarmobil, se o profesorado o ten activado. O titor/profesor chamará ás familias dentro do horario que lle corresponda. Só nos casos excepcionais, as familias poderán entrar no centro educativo para entrevistarse personalmente co profesorado e sempre con cita previa tomando as seguintes medidas:
➢ Emprego de máscara.
➢ Hixiene de mans ao acceder á aula de recepción de nais/pais.
➢ Colocación de mesas como separación para garantir a distancia.
➢ Cumprimento estrito do horario establecido para cada unha.
Prazo de solicitude: do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Alumnado destinatario: • Que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. • Alumnado matriculado en educación especial.
Non ten que presentar solicitude: O alumnado que recibiu o vale de 50 € para material escolar (o centro entregará a este alumnado a máscara sen necesidade de presentar solicitude).
Ten que presentar solicitude: O alumnado que non recibiu o vale de 50 € para material escolar, por non ter presentado a solicitude en prazo, pero que lle correspondería por renda.
Os nosos compañeiros e compañeiras de Formación Profesional elaboraron unha serie de vídeos para presentar os ciclos que se poden cursar no noso centro, así como as súas instalacións correspondentes:
Ante as numerosas dúbidas formuladas en relación ás bolsas do MEFP e as prazas de residencia para estudos non universitarios deixamos un resumo informativo que esperamos sexa de axuda.
Se queres coñecer con un pouco máis de detalle en que consisten os ciclos que ofrecemos no noso centro, podes facerte unha idea a través dos seguintes vídeos.
Administración e Xestión
FP Básica Servizos administrativos
Grado Medio Xestión Administrativa
Grado Superior Administración e Finanzas
Electricidade e electrónica
Ciclo Medio Instalacións Eléctricas e automáticas
Ciclo Superior Sistemas Electrotécnicos e automatizados
Fabricación mecánica
Ciclo Medio Soldadura e Calderería
Transporte e mantemento de vehículos
FP Básica Mantemento de vehículos
Ciclo Medio Electromecánica de vehículos automóbiles
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
Será necesario ter instalada a dita aplicación para consultar as cualificacións da 2ª avaliación o venres 3 de abril.
Premendo na seguinte ligazón INFORMACIÓN pódense consultar Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado das ensinanzas profesionais de música e de danza e das ensinanzas de réxime xeral.
O calendario de exames de materias pendentes de BAC é o que se detalla a continuación (no mes de xuño).
Aclaración:
Son os exames de materias pendentes de cursos anteriores e non das avaliacións suspensas deste curso.
Os exames son telemáticos (ou sexa, non implican presenza física no centro).
O calendario faise para evitar solapamentos horarios. Non obriga a ningún departamento a realizalos deixando liberdade para avaliar con traballos ou como estime oportuno.
O horario destinado a cada materia é o tempo máximo que se pode empregar. Non se obriga a usalo todo e cada departamento será o responsable de comunicar ao alumnado a duración que considere oportuna.
O calendario de exames de materias pendentes da ESO é o que se detalla a continuación.
Aclaración:
Son os exames de materias pendentes de cursos anteriores e non das avaliacións suspensas deste curso.
Os exames son telemáticos (ou sexa, non implican presenza física no centro). Se houbera notificación de incorporación física do alumnado ás aulas actualizaríamos esta información.
O calendario faise para evitar solapamentos horarios. Non obriga a ningún departamento a realizalos deixando liberdade para avaliar con traballos ou como estime oportuno.
O horario destinado a cada materia é o tempo máximo que se pode empregar. Non se obriga a usalo todo e cada departamento será o responsable de comunicar ao alumnado a duración que considere oportuna.