Premendo nas seguintes ligazóns accédese ao listado de libros de texto para o curso 19/20:
Libros de texto da ESO (modificado o libro de Cultura clásica)
NOTA IMPORTANTE
O noso centro foi aceptado para incorporarse ao proxecto E-Dixgal (ver Resolución). Polo tanto, para o vindeiro curso as seguintes materias de 1º da ESO
- Bioloxía e xeoloxía
- Educación Física
- Educación plástica
- Francés
- Igualdade de xénero
- Lingua castelá
- Relixión
- Valores Éticos
- Xeografía e historia
usarán libro dixital. Pola contra, as materias
- Inglés
- Lingua galega
- Matemáticas
usarán libro de texto en papel.
En 2º da ESO as materias
- Educación Física
- Física e química
- Francés
- Relixión
- Tecnoloxía
- Valores Éticos
- Xeografía e historia
usarán libro dixital. Pola contra, as materias
- Inglés
- Lingua castelá
- Matemáticas
- Música
usarán libro de texto en papel.
Cabe lembrar que o fondo solidario de libros de texto é incompatible con participar no proxecto E-Dixgal. Como o fondo de libros asignaba un máximo de 6 libros agora estes serán os que se usen en formato dixital (gratuito para o alumnado e as familias).