Skip to Content

Menú comedor, Impresos de matrícula, Libros de texto, Información xeral

Horas de atención a nais/pais/responsables

Premendo na LIGAZÓN pódense consultar as horas de atención a nais/pais/responsables do profesorado do centro para o curso 19/20.

Horarios ESA e Bacharelato Adultos 2019-2020

Premendo nos seguintes enlaces accederase á información do horario e o profesorado dos grupos:

ESA
BACHARELATO

Horarios CICLOS 2019-2010

Premendo nos enlaces, accederase á información sobre os horarios e o profesorado dos diferentes grupos:

FP BÁSICA  
MANTEMENTO DE VEHÍCULOS  
 1º  2º
  SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
CICLOS MEDIOS  
ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS  AUTOMÓBILES
 1º  2º
INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS  E AUTOMÁTICAS
 1º  2º
 SOLDADURA E CALDEIRARÍA
   
XESTIÓN ADMINISTRATIVA  
   
XESTIÓN ADMINISTRATIVA (A)  
  Horario
CICLOS SUPERIORES  
AUTOMOCIÓN
 1º
 
SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS  E AUTOMATIZADOS
   
ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Horarios Bacharelato 2019-2020

Premendo nos enlaces accederase aos horarios e ao profesorado que imparte nos seguintes grupos:

1º BAC 2º BAC
1º BAC A 2º BAC A
1º BAC B 2º BAC B
1º BAC C  

Horarios alumnado ESO 2019-2020

Premendo nos seguintes enlaces accederase á información dos horarios e ó profesorado dos grupos:

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
1º ESO A 2º ESO A 3º ESO A 4º ESO A
1º ESO B 2º ESO B 3º ESO B 4º ESO B
1º ESO C 2º ESO C + PMAR 3º ESO C + PMAR 4º ESO C
1º ESO D       

Libros de texto 19-20

Premendo nas seguintes ligazóns accédese ao listado de libros de texto para o curso 19/20:

Libros de texto da ESO (modificado o libro de Cultura clásica)

Libros de texto de BAC 

NOTA IMPORTANTE

O noso centro foi aceptado para incorporarse ao proxecto E-Dixgal (ver Resolución). Polo tanto, para o vindeiro curso as seguintes materias de 1º da ESO 

  • Bioloxía e xeoloxía
  • Educación Física
  • Educación plástica
  • Francés
  • Igualdade de xénero
  • Lingua castelá
  • Relixión
  • Valores Éticos
  • Xeografía e historia

usarán libro dixital. Pola contra, as materias

  • Inglés
  • Lingua galega
  • Matemáticas

usarán libro de texto en papel.

En 2º da ESO as materias 

  • Educación Física
  • Física e química
  • Francés
  • Relixión
  • Tecnoloxía
  • Valores Éticos
  • Xeografía e historia

usarán libro dixital. Pola contra, as materias

  • Inglés
  • Lingua castelá
  • Matemáticas
  • Música

usarán libro de texto en papel.

Cabe lembrar que o fondo solidario de libros de texto é incompatible con participar no proxecto E-Dixgal. Como o fondo de libros asignaba un máximo de 6 libros agora estes serán os que se usen en formato dixital (gratuito para o alumnado e as familias).

Matrícula ESO-BAC para o curso 19/20

Premendo en cada curso accédese á oferta de materias do curso correspondente. 

1º ESO

2º ESO

2º ESO PMAR

3º ESO

3º ESO PMAR

4º ESO

(Para máis información sobre a ESO acceder AQUÍ.)

1º BAC

2º BAC

(Para máis información sobre o BAC acceder AQUÍ.)

Nesta ligazón pódese consultar a DOCUMENTACIÓN que se debe entregar no momento de formalizar a matrícula.

Todos os modelos están dispoñibles na conserxaría do centro.

Bases para o cartel do XXXII congreso de ENCIGA

A Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia ENCIGA vai realizar o seu congreso no IESMaría Sarmiento de Viveiro os días 14, 15 e 16 de novembro de 2019; co fin de elixir o cartelanunciador do “XXXII Congreso ENCIGA”, o IES convoca un concurso de deseño gráfico deacordo coas seguintes BASES.

ANIMAMOS a todo o alumnado interesado a participar.

Ordenadores E-DIXGAL

Dende o luns 12 de novembro de 2018 os carros de carga dos ordenadores portátiles E-DIXGAL dos que dispón cada aula de 1º da ESO estarán en funcionamento.

Polo tanto, o alumnado poderá dende a dita data deixar o seu portátil ao rematar a xornada lectiva para poder recollelos ao día seguinte para traballar con eles. O alumnado que o desexe poderá seguir levando o seu portátil ao seu domicilio en virtude do compromiso que asinaron.

Criterio para elixir o alumnado en caso de demanda excesiva nunha materia optativa

Criterios para determinar a oferta de materias de libre configuración non obrigatorias e específicas (Aprobado no consello escolar o día 30/07/2018)

Proporcionar información axeitada ao alumnado e ás familias dos itinerarios elaborados e ofertados polo centro. Isto faise poñendo publicamente na páxina web do centro os impresos de matrícula de cada curso. Tamén cando Orientación fai unha previsión da matrícula para o vindeiro curso ao final de cada curso académico.

En 1º e 2º da ESO prevalecerán os criterios para a elaboración de grupos atendendo aos informes de Orientación, de Convivencia e do profesorado titor sobre a escolla dalgunha materia de libre configuración autonómica non obrigatoria concreta.     

Como idea xeral intentarase dar saída a todas aquelas peticións que solicite o alumnado e teñan o número mínimo legal para ser impartidas. Non obstante, hai certas condicións que poden impedir que todo o alumnado que solicitou unha materia a curse:

  • Demanda excesiva que conleve a necesidade de duplicar a materia;
  • Dispoñibilidade de profesorado, en xeral, ou de profesorado especialista, en particular;
  • Dispoñibilidade de recursos materiais do centro.

O criterio aplicable para seleccionar ao alumnado no caso de que haxa unha demanda excesiva nunha materia específica ou de libre configuración será, seguindo orde descendente ata completar o máximo legal: 

  1. Alumnado que non ten opción de elixir outra materia.
  2. Anterioridade no momento de realizar a matricula.

Acceso ao documento pdf completo. 

Mellores expedientes do 2018

A Universidade de Santiago de Compostela celebrou o 4 de xullo no Palacio de Congresos de Santiago o acto de recoñecemento aos alumnos e alumnas que obtiveron os mellores expedientes dos centros de ensino medio de Galicia. A este acto acude o alumnado que obtivo unha nota mínima de 9 entre o bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU).

Asistiron ao dito acto un total de 704 alumnos e alumnas. Do IES María Sarmiento de Viveiro asistiron catro estudantes que remataron o bacharelato este curso e cumpriron os requisitos académicos da nota mínima: Juan Fraga Pino, Anaïs Gómez Fernández, Tania López Fernández e Xoel Rodríguez García. Aproveitamos para darlles a noraboa polos bos resultados acadados.

Na foto saen os tres primeiros.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso escolar 2018/2019

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019.

O prazo remata o día 22 de xuño.

Acceso á nota informativa

Anexos

Orde do 9 de maio de 2018

Extracto da orde

Circular reclamacións cualificacións 2º Bacharelato

Nos seguintes enlace accédese á Circular nº 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ploa que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que es establece o procemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2017-2018.

Destacamos a seguinte información:

-O día 22 será a avaliación final de 2º de Bacharelato.

-A entrega de boletíns serán ás 19:00 do 22 de maio.

-O prazo de reclamacións será das 8:30 do 23 de maio ás 14:00 do 24 de maio.

-A matrícula para as probas ABAU será o 23 e 24 de maio.

Folga do 8 de marzo

Para o día 8 de marzo de 2018 hai convocada unha folga por distintos sindicatos que afecta ao noso centro.

Transporte escolar

Non están considerados como servizos mínimos as rutas cun traxecto non superior a 4 km. Polo tanto non se pode garantir que as seguintes rutas vaian prestar servizo. 

ARRIVA NOROESTE RUTA 99LU0316 (saída ás 14:07)

  • IES María Sarmiento
  • Xunqueira
  • Magazos
  • Escola de Magazos
ARRIVA NOROESTE RUTA 99LU0540 (entrada/saída)
  • IES María Sarmiento
  • Catro camiños (Dársena)
  • Chao (Dársena)
  • Lavandeiras (Dársena)
  • Praza Náufrago (Dársena)
  • Casanova (Dársena)
  • Lodeiro (Dársena)
DOMINGO GONZÁLEZ RUTA 17LU4038 (entrada/saída)
  • IES María Sarmiento
  • Escourido 

Profesorado

Os principais sindicatos de profesorado convocaron a folga nos períodos 12:00-14:00 e 19:30-21:30. Outros sindicatos convocaron folga durante as 24 horas do día 8 de marzo de 2018, polo que o profesorado que queira pode facer legalmente folga durante toda a xornada. 

O profesorado non ten a obriga de comunicar á dirección do centro a súa intención de facer folga, polo que se descoñece o número que vai participar na folga. Sábese que vai haber docentes que van secundar o paro de dúas horas e o de todo o día, porque así o manifestaron de forma voluntaria e a modo informativo.

Alumnado

O alumnado pode secundar a folga a nivel individual cubrindo o Anexo I ou de forma colectiva (a partir de 3º da ESO) cubrindo o Anexo II.

En calquera caso o alumnado que secunde a folga debe xustificar a falta, con posterioridade e debidamente, ao seu titor ou titora.

Neste momento a maioría dos grupos (a partir de 3º da ESO) manifestou a súa intención de secundar a folga.

Equipo directivo

Os servizos mínimos son a directora ou un membro do equipo directivo. É dicir, podería darse o caso de que o único membro do profesorado sexa un membro do equipo directivo.

Para máis información sobre o protocolo de folga do alumnado premer na ligazón.

Premios extraordinarios de FP

O xoves 15 de febreiro publicouse no DOG a orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.

O prazo de presentación de solicitudes será do 16/02/2018 ao 15/03/2018.

Máis información premendo na ligazón.

Oferta de ciclos formativos do centro

No IES María Sarmiento impártense ciclos formativos de catro familias profesionais. Premendo sobre cada unha das imaxes accédese ao folleto informativo do ciclo correspondente. (Detectouse que pode dar problema para visualizalo con Mozilla Firefox pero cos navegadores Microsoft Edge, Google Chrome e Opera funciona correctamente. En todo caso tamén se podería descargar o arquivo pdf e abrilo cun visualizador.)

Os ciclos que se imparten actualmente no centro son (premendo no nome de cada ciclos accédese ao currículo do mesmo) os seguintes:

Visitando a páxina de cada departamento de ciclos formativos pódese acceder á seguinte información relativa a cada ciclo que se imparte no IES María Sarmiento:

Que se aprende a facer?

En que ámbitos se traballa?

Que ocupacións se desempeñan?

Cales son os módulos do ciclo?

Que título se obtén?

A que outros estudos se pode acceder?

Pódese acceder de forma rápida á páxina de cada departamento a través das ligazóns Administración e xestión, Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica e Transporte e mantemento de vehículos.

 Para ter información sobre as saídas profesionais pódese consultar a páxina web SAÍDAS PROFESIONAIS.

Para ter información sobre as saídas académicas pódese consultar a páxina web SAÍDAS ACADÉMICAS.

Para máis información tamén se pode consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/

Impresos de matrícula

No ficheiro Documentación figura o que é preciso entregar para formalizar a matrícula.

Nos ficheiross ImpresoXXX figura o impreso de matrícula para o curso correspondente.

O ficheiro Solicitude-Comedor-Transporte debe cubrilo aquel alumnado que vaia solicitar o uso do transporte escolar e/ou do comedor. Se se solicita comedor tamén hai que cubrir o ficheiro mod_autodeclaracion_17_18. O ficheiro Instrucións-comedor-transporte contén información acerca do seu uso.

Teléfono contra o acoso escolar

Teléfono contra o acoso escolar

900 018 018

Atendido as 24 horas do día os 365 días do ano

Adaptado a persoas con capacidade auditiva e de fala

 

Este número de teléfono 900 018 018 é unha ferramenta indispensable na loita contra o acoso escolar.

Os destinatarios do servizo son os alumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecmento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fóra do centro docente.

Inclúense tamén casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais.
A intención do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte é chegar a todos os menores e a todos os supostos de malos tratos no ámbito escolar.

As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, incluida a consulta e derivación do caso ás forzas e corpos de seguridade, a inspección educativa, centros de saúde, ministerio fiscal e outras autoridades e institucións competentes, sempre de forma voluntaria, e asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.

A chamada será gratuita, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Ademáis, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou da fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por video-chat ou video-chamada.

 

CICLOS FORMATIVOS

Programa A MARIÑA EMPRENDE, na seguinte dirección:

 http://www.youtube.com/watch?v=FlQT2oUOBr4 

 

PROXECTOS EUROPEOS

 

NOVOS PROGRAMAS 2015-2017:

 
FORMACIÓN PROFESIONAL (Ciclos Medios)
PRÁCTICAS FORMATIVAS  EN EUROPA
NÚMERO DE CONVENIO - 2015-1-ES01-KA102-014933

 

EDUCACIÓN SUPERIOR (Ciclos Superiores)

 

NÚMERO DE CONVENIO - 2016-1-ES01-KA103-024573

 

CONSORCIOS

- Erasmus+ 2016-1-ES01-KA102-024869 "Next Station: Improving

Professional Skills in Galicia" 2016-2018

Profesorado:

O profesorado pode facer a mobilidade para: observar a forma de traballo nun centro educativo o ben nunha empresa da súa especialidade. Tamén pode ser unha combinación das dúas. Poderían impartir docencia, PERO NON RECIBIR NINGÚN TIPO DE DOCENCIA OU FORMACIÓN EN CURSOS.

Alumnos:
 

-PRACTICAS PARA TITULADOS

-PRÁCTICAS DE FCT PARA PERIODO ABRIL-XUÑO (11 SEMANAS)

 

- Proyecto Consorcio Erasmus Praxeuropa

- Proyecto InterPrax (KA107)

 
Estes son os nosos convenios Erasmus+ realizados:
-CONVENIO Nº 2014-1-ES01-KA102-002570 - ACCIÓN FORMATIVA SOBRE GESTIÓN ADMINISTRATIVA EN EUROPA.
-CONVENIO Nº 2014-1-ES01-KA103-002749 - MOVILIDAD DE LAS PERSONAS POR MOTIVOS DE APRENDIZAJE (alumnado de ensinanza técnica superior – sistemas electrotécnicos).
-CONVENIO Nº: KA102 2014-1-ES01-KA102-002180 “EUROPA.NEXT STATION: VOCATIONAL TRAINING NETWORK”. XUNTA DE GALICIA. 
-CONVENIO para mobilidade de profesorado de automoción coa Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA)
 
 
 
CONVENIO para mobilidade de profesorado de automoción coa Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA). ESTANCIAS DE PROFESORADO DE AUTOMOCIÓN EN EUROPA.
Acceso á páxina deste proxecto: http://wp.me/P612zR-23
Distribuir contido


by Dr. Radut