Skip to Content

Mellores expedientes do 2018

A Universidade de Santiago de Compostela celebrou o 4 de xullo no Palacio de Congresos de Santiago o acto de recoñecemento aos alumnos e alumnas que obtiveron os mellores expedientes dos centros de ensino medio de Galicia. A este acto acude o alumnado que obtivo unha nota mínima de 9 entre o bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU).

Asistiron ao dito acto un total de 704 alumnos e alumnas. Do IES María Sarmiento de Viveiro asistiron catro estudantes que remataron o bacharelato este curso e cumpriron os requisitos académicos da nota mínima: Juan Fraga Pino, Anaïs Gómez Fernández, Tania López Fernández e Xoel Rodríguez García. Aproveitamos para darlles a noraboa polos bos resultados acadados.

Na foto saen os tres primeiros.



page | by Dr. Radut