Skip to Content

A innovación tecnolóxica nas aulas de FP do María Sarmiento

A Consellería de Educación vén de recoñecer a innovación tecnolóxica na FP do IES María Sarmiento de Viveiro con tres premios a tres proxectos presentados por un grupo de profesores deste centro.

Entrenador de sensores no automóbil, premiado con 3700€: Este proxecto pretende construír unha maqueta de traballo para que as alumnas e alumnos podan facer prácticas de electricidade, electrónica e informática nos modernos sistemas que inclúen os vehículos comercializados hoxe en día. Por cuestións económicas o alumnado difícilmente ten acceso a estes sistemas ata que levan uns anos presentes no mercado. Estes sensores e actuadores recuperaranse a través de desguace de vehículos accidentados, instalaranse e configuraranse nunha estrutura deseñada para tal fin. Despois incluiranse unhas tomas de diagnoses para a súa análise por parte do alumnado dos ciclos de Electromecánica do automóbil e Carrozaría.

Maqueta didáctica de prácticas para o estudo dos sistemas TT (Toma de Terra), TN (Toma Neutro) e IT (Impedancia a Terra), premiado con 7000€: O interese deste proxecto de innovación educativa radica en que nos vai permitir realizar de forma empírica e segura, nun entorno controlado e illado da instalación do Centro Educativo, o estudo dos diferentes elementos dunha instalación eléctrica, así como a súa configuración. O habitual é que moitos dos aspectos que imos analizar se aborden unicamente de forma teórica e partindo de bases que a miúdo resultan pouco intuitivas e difíciles de aceptar. Na elaboración da maqueta estarán implicados alumnas e alumnos tanto do Ciclo Medio como do Superior, debido á súa relación con diferentes módulos dos Ciclos de Electricidade.

Desenvolvemento de modelos de construción de trampas para avespa asiática (v. velutina), premiado con 3.300€: Este proxecto pretende estudiar as distintas alternativas na elaboración de trampas baseadas na utilización de arpas eléctricas para a loita contra a vespa velutina nos colmeares de apis melífera, dotandoas con recursos tecnolóxicos innovadores empregando dispositivos Raspberry Pi/Arduino con posibilidade de control en tempo real vía internet. Tentando implementar solucións viables segundo as necesidades enerxéticas das trampas xeradas (conexión a rede eléctrica ou uso de baterías con paneis solares de apoio) e  acadando así varias modalidades de deseño de trampas adaptables as necesidades dos apicultores (Apicultor pequeno/Trampa individual/tecnoloxía mínima contra Apicultor a gran escala/Trampas colectivas/alta dotación tecnolóxica).



page | by Dr. Radut