Skip to Content

Folga do 8 de marzo

Para o día 8 de marzo de 2018 hai convocada unha folga por distintos sindicatos que afecta ao noso centro.

Transporte escolar

Non están considerados como servizos mínimos as rutas cun traxecto non superior a 4 km. Polo tanto non se pode garantir que as seguintes rutas vaian prestar servizo. 

ARRIVA NOROESTE RUTA 99LU0316 (saída ás 14:07)

  • IES María Sarmiento
  • Xunqueira
  • Magazos
  • Escola de Magazos
ARRIVA NOROESTE RUTA 99LU0540 (entrada/saída)
  • IES María Sarmiento
  • Catro camiños (Dársena)
  • Chao (Dársena)
  • Lavandeiras (Dársena)
  • Praza Náufrago (Dársena)
  • Casanova (Dársena)
  • Lodeiro (Dársena)
DOMINGO GONZÁLEZ RUTA 17LU4038 (entrada/saída)
  • IES María Sarmiento
  • Escourido 

Profesorado

Os principais sindicatos de profesorado convocaron a folga nos períodos 12:00-14:00 e 19:30-21:30. Outros sindicatos convocaron folga durante as 24 horas do día 8 de marzo de 2018, polo que o profesorado que queira pode facer legalmente folga durante toda a xornada. 

O profesorado non ten a obriga de comunicar á dirección do centro a súa intención de facer folga, polo que se descoñece o número que vai participar na folga. Sábese que vai haber docentes que van secundar o paro de dúas horas e o de todo o día, porque así o manifestaron de forma voluntaria e a modo informativo.

Alumnado

O alumnado pode secundar a folga a nivel individual cubrindo o Anexo I ou de forma colectiva (a partir de 3º da ESO) cubrindo o Anexo II.

En calquera caso o alumnado que secunde a folga debe xustificar a falta, con posterioridade e debidamente, ao seu titor ou titora.

Neste momento a maioría dos grupos (a partir de 3º da ESO) manifestou a súa intención de secundar a folga.

Equipo directivo

Os servizos mínimos son a directora ou un membro do equipo directivo. É dicir, podería darse o caso de que o único membro do profesorado sexa un membro do equipo directivo.

Para máis información sobre o protocolo de folga do alumnado premer na ligazón.



page | by Dr. Radut