Skip to Content

PROGRAMA RADIOFÓNICO

O alumnado do María Casares que o curso pasado participou en diversos proxectos de sostibilidade e os alumnos de Ciencias da Terra acudiron o 15 de setembro, coas súas profesoras Lucía Rodríguez e Aroa Luengo, ao Castelo de Santa Cruz para asistir como oíntes do programa radiofónico emitido por EMUGA-Radiofusión -grupo de emisoras locais- no que se presentou o Proxecto Onda ODS.


Este proxecto ten como propósito sensibilizar a cidadanía sobre os principais obxectivos da Axenda 2030, entre eles promover unha prosperidade económica compartida, a protección ambiental e a igualdade de xénero. Isto farase a través de trinta programas informativos e de 30 podcast.



page | by Dr. Radut