Skip to Content

OUTRO ÉXITO DO ALUMNADO STEM

O IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) organizou o II Concurso de Comunicación Científica como parte da Semana da Ciencia. Os alumnos Ana Lamas, Luis Barba, Tomás López e Roi Suárez, que cursan o 1º curso do STEMbach no IES María Casares, coordinados pola profesora María José Fernández Yáñez, participaron na categoría: “Experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles.”

O proxecto presentado polo IES María Casares foi seleccionado, xunto con outros dous proxectos, para recibir unha aportación de 500 € co fin de elaborar o seu experimento: “Simulador educativo dun acelerador de partículas” .

Estamos seguros que o noso equipo aproveitará esta oportunidade para desenvolver o proxecto, optar ao premio final e, sobre todo, seguir no camiño que iniciamos o curso pasado: unha ponte entre o Bacharelato e os estudos universitarios cun alumnado altamente cualificado.

Parabéns e moito ánimo ás alumnas/os e á profesora!!!



page | by Dr. Radut