Avenida Ernesto Che Guevara, 140, 15179 Oleiros, A Coruña · 981 626 344 · ies.maria.casares@edu.xunta.es
O ALUMNADO STEM CONTINÚA TRABALLANDO
O pasado verán dúas alumnas do STEMbach IES María Casares, Eva Freire e Inés Plaza, participaron no programa “Incrúst@te” organizado polo CICA.
Durante este programa tiveron a oportunidade de traballar durante 3 días con investigadores da UDC e coñecer de primeira man o día a día dun proxecto de investigación. Para completar o traballo presentaron as súas experiencias nun minicongreso.
Moitas grazas ao CICA por contar con nós para esta experiencia.