Skip to Content

XXV ANIVERSARIO DO IES MARÍA CASARES

O pasado sábado 30 de xuño o IES María Casares completou unha serie de actividades de conmemoración do seu XXV aniversario coa celebración dun acto institucional e outro de carácter festivo. Despois dunha xornada de portas abertas na que todo o público asistente puido visitar o centro e gozar de distintas exposicións, realizouse un acto institucional no que participaron membros da comunidade educativa do centro desde a súa fundación (antigos e actuais alumnos, sucesivos directores, profesores de antes e de agora, persoal non docente, membros da ANPA, nais e pais...), así como membros da corporación municipal. A continuación, celebrouse unha comida de confraternidade e a xornada rematou coa actuación de diversos grupos musicais.

Todos os que formamos parte desta comunidade educativa, antes e agora, queremos agradecer á Comisión do XXV aniversario o seu traballo, esforzo e dedicación para que a xornada se completara con éxito.

 

 



page | by Dr. Radut