Eventos

« Abril 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Prohibición de fumar no recinto do Instituto

Como consecuencia da apertura de 4 expedientes disciplinarios no pasado trimestre, das súas instrucións  e análises, e coa única intención de evitalos nun futuro, o equipo directivo do centro propuxo e o Claustro de profesores aprobou, con data 15 de decembro, un aumento de control  nos períodos de lecer por parte do profesorado, pasando de 3 a 5 o número de profesores de garda en cada un destes períodos a partir do vindeiro 8 de xaneiro.

Recordamos ás familias do alumnado, neste intre, que ningún alumno/a pode saír do recinto do Instituto (tampouco durante os períodos de lecer) sen o permiso explícito do profesorado e sempre acompañado do seu pai/nai/ titor legal ou persoa autorizada para recollelo (os maiores de idade terán que cubrir unha folla de control  en secretaría).

Así mesmo, reitérase a prohibición total de fumar, tanto no interior do edificio como no recinto do Instituto, sendo sancionado o  incumprimento desta norma de forma directa e inmediata, a 1ª vez coa suspensión do dereito de asistencia ao centro un día, e no caso de reincidencia coa apertura do correspondente expediente disciplinario, coas consecuencias que do mesmo se poidan derivar.

Rógase ás familias que comenten este escrito coas súas fillas e fillos co gallo de evitar estas situacións tan conflitivas e non desexables no centro.

Porque a educación é tarefa de “toda a tribu”.

Agradecemos de antemán a colaboración das familias.

O  Equipo Directivo.

Powered by Drupal - Design by artinet