Eventos

« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Comunicación coas familias. App Tokapp School

   O IES María Casares ven utilizando desde o curso 2015-16 unha ferramenta informática que mellora notablemente a comunicación entre o centro e as familias. Trátase da App TOKAPP SCHOOL, que permite aos responsables do alumnado recibir información puntual acerca dos seus fillos/as a través dunha aplicación gratuita que poderán instalar nos seus Smart Phones e/ou Tablets.

   Rógase ás familias que polo menos un dos reponsables de cada alumno/a instale esta aplicación no seu dispositivo móbil de xeito que se poida ir prescindindo gradualmente do uso de mensaxes de texto (SMS), que resultan moi gravosos para o centro. Grazas anticipadas a todos/as.

  •     Para comezar a utilizar a aplicación deberá vostede descargala e instalala no seu dispositivo móvil (Smart Phone e /ou Tablet) seguindo as instrucións do seguinte vídeo. Asistencia técnica no teléfono 986114969 (identificarse como usuario TokApp do IES María Casares).

 

  • Aclaración importante.- Se vostede xa ten comunicado ao centro o seu teléfono móbil a través do impreso de matrícula do seu fillo/a, xa non será necesaria unha comunicación posterior cando instale Tokapp School. Bastará conque valide o seu teléfono móbil cando relice a instalación da app.

  • Unha vez instalada a aplicación e validada como se indica no vídeo anterior poderá vostede comezar a utilizala de inmediato como se especifica no seguinte vídeo.

 

  • A través desta aplicación as familias recibirán nos seus dispositivo móbiles información diaria acerca de todo tipo de incidencias que afecten aos seus fillos/as (asistencia, puntualidade, conduta, informes do profesorado)

  • Páxina web de Tokapp School (información sobre a app)

Powered by Drupal - Design by artinet