Saltar navegación.
Inicio

Obradoiros sobre coidados posturais básicos

Ao longo dos meses de maio e xuño, o alumnado da ESO e FPB participou duns obradoiros sobre Coidados posturais básicos, da man de Sandra Pena, fisioterapeuta e docente do ciclo medio de TAPSD. 

Manter unha postura adecuada é fundamental para que o corpo estea correctamente aliñado e prever doenzas musculares, articulares e dos osos, ao tempo que mellora a respiración e diminúe a fatiga. Sen dúbida, a mellor recomendación para manter unha postura axeitada e evitar os problemas de espalda é realizar algún deporte. A natación, o crossfit ou o ioga son máis que recomendables pero...o importante é moverse!. Sandra ensinounos a forma correcta de facelo mediante unha serie de sinxelos exercicios cos que mellorar a postura e destensar os músculos, á vez que controlamos a respiración. O mellor de todo...que podemos levalos a cabo case en calquera momento e lugar!

Sen dúbida, foi unha gran oportunidade para coñecer aspectos básicos cos que mellorar a nosa calidade de vida, que ademais podemos transmitir aos nosos familiares e amizades.