Saltar navegación.
Inicio

Voluntariado - A Miña Horta é a Túa

Hoxe recibimos a visita de Paula e Flavia, da Fundación Baiuca Verdescente, que conversaron co alumnado de 3º e 4º da ESO sobre voluntariado, espertando a conciencia sobre a importancia do mesmo como motor de cambio, desenvolvemento e mellora da comunidade e o entorno. 

Ademais de coñecer os distintos tipos de voluntariado, o alumnado puido achegarse aos diferentes proxectos que levan a cabo na fundación, destacando o próximo regreso do proxecto A Miña Horta é a Túa, iniciativa solidaria que levan a cabo de forma estacional e con gran valor para cubrir as necesidades máis básicas de familias en risco de exclusión social da contorna, dando saída ao excedente de produción que se xenera nas hortas.  

Sen dúbida, foron unhas sesións moi amenas nas que aprendemos que con moi pouco que aportemos cada un de nós pódese facer moito!