Saltar navegación.
Inicio

Charlas sobre enfermidade mental

Ao longo do mes de marzo o alumnado de distintos cursos e etapas (3º ESO, 4º ESO, 1º e 2º de FP Básica e 2º CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia), tiveron a oportunidade de conversar coa psicóloga da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais - MOREA, de Lalín. Foron unhas sesións moi amenas nas que se achegou ao alumnado información sobre a enfermidade mental e os factores de risco e de protección ante a mesma, coa finalidade de dar a coñecer unha realidade moi común pero que sen embargo está moi estigmatizada socialmente. Deste xeito, transmitiuselle ao alumnado unha información fiable e verídica, promovendo a normalización da enfermidade mental e a concienciación sobre a importancia do coñecemento, comprensión, respecto e inclusión das persoas con enfermidade mental nos distintos ámbitos da vida.  

A enfermidade mental pode, en definitiva, afectar a calquera ao longo da súa vida, en distintos graos e intensidades. É unha realidade que afecta á persoa que a padece pero tamén ao seu entorno, especialmente ao máis próximo (familia, amizades...), sendo fundamental saber identificala e aceptala, para poder atallala.