Saltar navegación.
Inicio

A ponte entre o ensino medio e a USC

Na semana pasada o alumnado de 2º de Bacharelato participou dunha charla no marco do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC", na que recibiron información sobre os estudos da USC, admisión na universidade, programas de mobilidade, residencias e vida no campus...

Asemade, o alumnado tamén recibíu información sobre a organización e estrutura das probas da ABAU, que se celebrarán no próximo mes de xuño.