Saltar navegación.
Inicio

Listaxe provisional do reparto de Fondo Libros

Poden consultarse no centro os datos provisionais do reparto de Fondo libros cara o curso 2020-2021. En setembro publicaranse as listaxes definitivas (antes do día 14).
 
IMPORTANTE
- Nas listaxes só aparece o alumnado de 3º e 4º ESO xa que son os que optan ao préstamo de Fondo libros
- O alumnado de 1º e 2º ESO opta ao cheque de material escolar (as listaxes de beneficiarios serán publicadas en setembro e farase entrega dos vales ao comezo do curso). Para o alumnado de 1º e 2º ESO farase un préstamo interno de libros que posúe o centro. A solicitude destes libros tramitarase nos primeiros días de clase, para o cal enviaremos a documentación correspondente ás familias.