Saltar navegación.
Inicio

O noso alumno Nicolás Sueiro, do CM SOLCA, segundo clasificado no Galicia Skills

Neste ano 2021, os Galicia Skills de Soldadura e Caldeiraría, foron realizados no Centro integrado Politénico de Vigo, coa participación un total de cinco alumnos.

Brais Blanco Tarrio, do CIFP Politécnico de Santiago, con José Antonio Isla González coma titor.

Sara Pereira Lago, do CIFP Valentín Paz Andrade, con Vicente Martínez Rolán coma titor.

Brais Dos Santos Alfaya, do IES de Salvaterra de Miño, con Alfredo Madrigal Farina coma titor.

Mateo Rubal Fanego, do IES María Sarmiento, on Eliseo Maseda Iglesias coma titor.

Nicolás Sueiro García, do IES Marco do Camballón, con Rubén D. Gómez Casal coma titor.

As probas realizáronse ó longo da mañá do 7 de outubro, para o cal dispuxeron de todo o material necesario, subministrado polo CIFP Politécnico de Vigo e a empresa Resomaq SL. Entre as probas  estaba a interpretación dun plano, para o corte e soldeo posterior das pezas en cuestión en diferentes posicións, cun elevado grado de dificultade.

Os alumnos tiveron un comportamento exemplar. Compartindo axuda ós demais cando lles facía falta. E poderíase asegurar que fixeron amistade, cousa que se puido ver durante todo o día. Pero sobre todo cando fomos todos xuntos ó xantar, máis no tempo que agardaron pola tarde a seren avaliados os seus traballos.

O xusto gañador foi Mateo Rubal Fanego, Do IES María Sarmiento de Viveiro. En nun máis que merecido segundo posto, quedou o alumno do noso centro, Nicolás Sueiro García, segundo pola dereita na foto. A ambos se lles regalou una radial da marca Feim, donadas pola marca.

Parabéns para o noso alumno. Dende o departamento, querémolo felicitar especialmente. Posto que estamos moi orgullosos da súa valía.