ASAMBLEA ORDINARIA DA ANPA DO MGB

A Xunta Directiva da ANPA do MGB convoca unha Asamble Ordinaria, que terá lugar o día 17 de outubro de 2007, ás 19:45 horas, en 1ª convocatoria, e ás 20:00 horas en 2ª convocatoria, no salón de Actos do Centro

REUNIÓN DA COMISIÓN PEDAGÓXICA

O mércores, 17 de outubro, ás 16:30 horas.

RECOLLIDA DE TÍTULOS BACHARELATO E E.S.O.

Os alumnos que remataron a ESO ou o Bacharelato no curso 2005/2006 poden pasar a recoller os seus títulos na Secretaría do Centro

FONDOS BIBLIOGRÁFICOS PARA OS INSTITUTOS

A Deputación de Pontevedra vén de rubricar un acordo cos representantes de 9 institutos de secundaria -entre eles os de Lalín, Cruces, A Estrada, Silleda e Forcarei- para a entrega de fondos bibliográficos de "Pontevedreses ilustres", de Filgueira Valverde, editados polo governo provincial.

COMEZA CINENSINO 2007/2008 PARA E.S.O.

O próximo luns 15 de outubro dará comenzo o Programa de Prevención de Drogodependencias, "CINENSINO" 2007/2008, coa proxección da película ALEX RIDER: OPERACIÓN STORMBREAKER

Este programa está destinado aos alumnos de ESO do Concello da Estrada, e as sesións terán lugar nos Multicines Central da Estrada. As outras películas contempladas no programa serán:

Mércores, 23 de xaneiro de 2007: SALVATORE. ASÍ ES LA VIDA. 11:00 horas.

Xoves, 3 de abril de 2008: UN PUENTE HACIA TERABITHIA. 11:00 horas.

REUNIÓNS DOS TITORES COS PAIS O 9 E 10 DE OUTUBRO

Co fin de estabelecer unha primeira toma de contacto, convócase unha reunión na que os Titores informarán aos pais sobre o funcionamento xeral do Centro, titorías, avaliacións, asignaturas pendentes, etc. A reunión terá lugar na sala de usos múltiples segundo o seguinte calendario:

  • 1º e 2º de BACHARELATO: Martes 9/10/2007, ás 18:30 h. 
  • 2º-3º-4º ESO:Mércolres 10/10/2007, ás 16:30 h. 
  • 1º ESO: Mércores 10/10/2007, ás 18:30 h. 

Rogamos e agradecemos de antemán a súa asistencia. 

CONSTITUCIÓN DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (ENDL)

O ENDL do MGB convoca ao profesorado, alumnado e persoal non docente, a participar e formar parte da súa composición. Aquelas persoas interesadas que se poñan en contacto coa coordinadora Teresa Filloy (Departamento de Galego).

O prazo para anotarse rematará o 10 de outubro de 2007. 

COMIDA DA XUBILACIÓN DE "MONCHO"

O vindeiro día 5 de outubro celebraremos unha comida con motivo da xubilación de "Moncho" (Ramón Campos Suárez). O lugar elixido será o restaurante Nixon da Estrada. Aqueles interesados en participar deberán notificalo na secretaría.

PRESENTACIÓN DE ALUMNOS: XOVES 20 SETEMBRO

  • Xoves día 20 de setembro os alumnos serán recibidos polos titores. Será unha sesión de acollida de aproximadamente unha hora de duración, polo que non terán que traer máis material escolar que o necesario para tomar algunha nota de interese 
    • ás 10:30 horas os alumnos de 1º da ESO,
    • ás 11:30 horas os de 2º da ESO,
    • ás 12:00 horas os de 3º, ás 12:30 os de 4º da ESO,
    • ás 13:00 horas os de 1º de BACHARELATO 
    • ás 13:30 horas os de 2º de BACHARELATO 
  • O venres día 21 ás nove menos cuarto da mañá comezarán as clases ordinarias para todos.
  • ELECCIÓN DE DÍAS FESTIVOS CURSO 2007/2008

    Na súa sesión do mércores 19 de setempro o Claustro de Profesores do MGB elixiu como días festivos o venres 2 de novembro (ponte día de defuntos) e o mércores 6 de febreiro (mércores de cinza).

    HORARIO ESCOLAR

    • Os alumnos escolarizados no curso 2007-2008 terán o seguinte horario escolar:
      • xornada continuada polas mañás de 8:45 a 14:25 e a tarde do martes de 16:30 a 18:10 horas.
      • Os mércores pola tarde poderán realizarse exames, actividades extraescolares, actividades deportivas...
    Distribuir contido