Deportistas de élite no MGB

Durante a semana pasada varios alumnos e alumnas do MGB acadaron grandes éxitos nas súas modalidades deportivas.

En bádminton, Pablo Sanmartín (2º eso) obtivo o galardón da Deputación de Pontevedra como "Mellor deportista promesa masculino"  no ano 2009. 

Nesta mesma modalidade deportiva, Ana Reino (3º eso), José M. Padín (2º eso) e Pablo Sanmartín, foron convocados pola selección española de bádminton para acudir a unha competición internacional que se celebrarán no vindeiro mes.

Por outra parte, o 27 e 28 de febreiro celebrouse en A Estrada o "II Campeonato Galego de 10 bailes", no cal Luis M. García Martínez (3º eso) acadou a victoria xunto a Alba M. L. na categoría de Junior II. 

Noraboa a todos e moito ánimo para os adestramentos e vindeiras competicións.