REUNIÓNS DOS TITORES COS PAIS O 9 E 10 DE OUTUBRO
Enviado por webmaster o 4 Outubro, 2007 - 09:30
Co fin de estabelecer unha primeira toma de contacto, convócase unha reunión na que os Titores informarán aos pais sobre o funcionamento xeral do Centro, titorías, avaliacións, asignaturas pendentes, etc. A reunión terá lugar na sala de usos múltiples segundo o seguinte calendario:
- 1º e 2º de BACHARELATO: Martes 9/10/2007, ás 18:30 h.
- 2º-3º-4º ESO:Mércolres 10/10/2007, ás 16:30 h.
- 1º ESO: Mércores 10/10/2007, ás 18:30 h.
Rogamos e agradecemos de antemán a súa asistencia.