Inicio do curso 2023-2024
O luns 11 de setembro comeza o novo curso escolar, ese día terán lugar as presentacións cos seguintes horarios:
Hora |
Curso/Grupo |
09:00h | 2º Bacharelato |
09:30h | 1º Bacharelato |
10:30h | 4º ESO |
11:00h | 3º ESO |
11:30h | 2º ESO |
12:00h | 1º ESO A (*) |
12:30h | 1º ESO B (*) |
13:00h | 1º ESO C (*) |
- (*) As presentacións de 1º de ESO comezarán cunha pequena reunión do Equipo Directivo e os titores coas familias que poidan asistir, e continuará coa recepción do alumnado. Nas próximas semanas se realizará unha reunión dos titores coas familias de todos os grupos da ESO en horario de tarde.
- O venres 8 de setembro informarase ás familias, a través do Abalar Móbil, dos grupos de alumnado.
Reparto de libros do Fondo Solidario para o alumnado da ESO
O reparto de libros do Fondo Solidario de Libros da ESO realizarase o día martes, 12 de setembro, ao longo da xornada lectiva nas horas de clase.
Para que se lle poida facer entrega dos libros deberá traer o documento coa adxudicación que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal.
Reparto de libros de ANPA para o alumnado de Bacharelato
O reparto de libros do fondo da ANPA para o alumnado de Bacharelato realizarase o próximo mércores, 13 de setembro, en horario de 16:30h a 18:10, na Aula de Desdobre que está ao lado da Sala de Profesorado.
O documento para o préstamos de libros se lles entregará o mércores pola tarde.