Premios Extraordinarios de Bacharelato 22/23
Enviado por Secret. o 5 Maio, 2023 - 08:59
O alumnado que ao finalizar os estudos teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos poderá concurrir ás probas para acadar un dos 20 Premios Extraordinarios de Bacharelato convocados pola Consellería de Educación.
O alumno ou alumna que acade un:
- Recibirá un premio de 1000 Euros en metálico.
- Estará exento do pago de matrícula no primeiro curso da Universidade nun centro público.
- Poderá optar aos Premios Nacionais de Bacharelato.
O prazo de matrícula (non se pode facer no centro) é do 26 de abril ó 25 de maio.
As probas terán lugar o 14 de xuño nos lugares que se publicarán proximamente.
A información completa da Orde de convocatoria podes encontrala no seguinte enlace.