Fin de Curso 2BAC curso 2021/22

Matrícula ABAU e depósito de título para alumnado de 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato que aprobe todo na convocatoria ordinaria ten que facer obrigatoriamente o depósito do título de bacharelato e, se quere  ir á universidade, matricularse tamén para a ABAU.

Os trámites administrativos necesarios realizaranse na Secretaría do centro os días 19, 20 e 23  de maio de 9 a 13:30 h.

Neste enlace ten información completa sobre as taxas  a pagar e a documentación a entregar.

2º Bacharelato. Fin de curso e novos criterios de titulación e concesión de matrículas

Calendario fin de curso

  • Neste documento pódese consultar todo o relativo ao calendario de fin de curso de 2º de Bacharelato (datas de exames, avaliacións, e prazos de revisión e reclamación).

Concreción curricular

  •  Neste outro os criterios de outorgamento de mencións honoríficas e os criterios de promoción e titulación (apartados 6 e 7 respectivamente) dacordo á nova normativa.